Skip to Content

En Praga co programa Erasmus +

Marta, Adrián e Iván en Praga

Por cuarto curso consecutivo o noso instituto participa no programa Erasmus +. Ao abeiro deste programa os alumnos que rematan os seus estudos de FP Básica e Ciclo Medio poden realizar a súa Formación en Centros de traballo en empresas no estranxeiro.

 

Iván e Adrián, alumnos do Ciclo Medio de sistemas Microinformáticos e Redes, Xunto coa profesora Marta Rey viaxaron a principios de abril a Praga para realizar as súas estadías Erasmus +.

 

 
 
 
Adrián e Iván traballarán en CEVRO Institut, levando a cabo tarefas de xestión de bases de datos e aplicacións web durante dous meses e medio.

Pola súa parte Marta tivo a ocasión de visitar o instituto de formación profesional Střední škola automobilní a informatiky no que se imparten ciclos formativos de automoción e informática. Alí tivo a ocasión de compartir experiencias sobre a docencia nos distintos países e de visitar as súas aulas, das que lle chamou especialmente a atención a aula de modelado 3D na que dispoñen de impresoras e escáneres 3D para crear pezas que despois poñen en movemento mediante placas Arduino.
 
Adrián e Iván en Praga                         Marta, Adrián e Iván en Praga

Non faltou tempo para visitar a cidade, aprender algunhas palabras en checo e desfrutar de todo o que Praga ten que ofrecer no ámbito de informática. Por exemplo, o museo de Apple no que se poden observar case todos os dispositivos creados pola marca desde o Apple I, aló por 1976, algúns deles moi innovadores para o seu tempo.
 
Museo de Apple

Desfrutade da experiencia rapaces!

 

 



page | by Dr. Radut