Skip to Content

Xavier Ximón con nós

O pasado mércores 27 de marzo visitounos Xavier Simón, Doutor en Economía e profesor de Economía Aplicada da Universidade de Vigo.

Exalcalde de Arbo e membro actualmente do noso Consello Escolar, compartiu co alumnado de Bacharelato as súas reflexións en torno á economía e o mundo no que nos toca vivir. Dende a súa perspectiva vital e profesional, comentou dunha maneira moi suxerente as liñas fundamentais dunha economía alternativa, baseada non na destrucción dos recursos naturais e nos gravisimos problemas que xera o actual capitalismo depredador, senón en parámetros de sustentabilidade e ecoloxía, que impliquen unha mellor perduración da natureza e máis xustiza na sociedade e busquen máis felicidade para o ser humano e os pobos.

Moitas grazas!

 



page | by Dr. Radut