Skip to Content

Viaxe a París

O Departamento de francés organizou unha Viaxe Cultural a París para o alumnado de francés de 3º e 4º ESO acompañado polas profesoras Rosa Pérez e Belén Jorge.

Esta actividade tivo lugar dende o 25 ata o 30 de marzo e o alumnado puido visitar os lugares máis emblemáticos de París:

Visitamos o Museo do Louvre, subimos á Tour Eiffel e demos un paseo en Bateau Mouche polo Sena.Estivemos tamén no Panteón, A Sorbona, O Palacio de Luxemburgo( sede do Senado),a Catedral de Notre Dame, a Asemblea Nacional, o Arco de Triunfo, a Opera,Montmarte coa famosa Place du Tertre e o Sacré Coeur.

Para complementar as visitas culturais e didácticas, pasamos un día no parque Disneyland.

Unha gran experiencia para o alumnado.

 

 

 

 



page | by Dr. Radut