Skip to Content

Obradoiro de educación afectivo - sexual - Quérote +

O pasado xoves 14 de febreiro de 2019, o alumnado de 3º da ESO participou nun Obradoiro de Educación afectivo – sexual impartido por unha psicóloga dos centros Quérote + (Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado).

O obxectivo dos centros Quérote + é prestar un servizo de información e asesoramento á xuventude galega naquelas áreas nas que se poida aportar un maior entendemento social e que se facilite o crecemento persoal. Están situados nas principais cidades galegas e en 11 concellos dentro dos seus Espazos Xoves.

A través deste obradoiro preténdese:

  • Transmitir a concepción da sexualidade dun xeito plural, de respectar á diversidade, de aceptar a igualdade dentro da diferenza, a explorar os nosos medos e a potenciar as nosas fortalezas, os noso desexos, de buscar o pracer de xeito construtivo e duradeiro, e ser responsables das nosas condutas.

  • Promover o respecto á diversidade, o dereito á diferencia sexual, o respecto polos sexos e a valoración positiva dos mesmos.

  • Apoiar e asesorar na resolución das dificultades no eido da sexualidade que actualmente inciden na sociedade (embarazos non desexados, infeccións de transmisión sexual, homofobia, transfobia, situacións de desigualdade, etc.)

  • Promover as habilidades que fomenten a convivencia entre os sexos.

 



page | by Dr. Radut