Skip to Content

Un recordatorio do día da Ciencia en Galiza

O 8 de outubro tivemos unha lembranza deste día dedicado a divulgar a investigación e ciencia entre a sociedade e a comunidade educativa, centrado nesta edición na figura do científico ilustrado galego Domingo Fontán.

O pontevedrés Domingo Fontán (Portas 1788- Cuntis 1866), prestixioso matemático e xeógrafo, foi o autor do noso primeiro mapa topográfico, a Carta xeométrica de Galiza, realizado tras moitos anos de traballo con métodos científicos e medicións matemáticas, cunha escala de 1:100.000.

 

 

A partir desta grande obra realizáronse moitos plans para vías ferroviarias e estradas do noso país. Foi impresa en París en 1845 polo famoso gravador L. Bouffard.

Como deputado, foi un defensor de Galiza, loitando contra os foros e contra o caciquismo.

Está enterrado no Panteón de galegos Ilustres, en Santiago de Compostela.

 

 



page | by Dr. Radut