Skip to Content

Árbores Senlleiras

O pasado 20 de setembro asistimos á inauguración de “AS NOSAS SENLLEIRAS”, na Casa da Cultura das Neves, unha magnífica mostra das máis relevantes e emblemáticas árbores do noso país. Poderase seguir visitando nos próximos días para o que teña interese. Desde aquí animamos a facelo, paga a pena!

Está organizada, en colaboración co Concello das Neves, pola Deputación de Pontevedra. Agradecemos a estas institucións por ternos convidado a este acto. O profesorado e alumnado alí presente, despois de oirmos as palabras de Xosé Manuel Rodriguez Méndez, o alcalde, e Eva Vilaverde, en nome da Deputación, asistimos a unha explicación técnica da mostra e das especies presentes a cargo dunha especialista da materia e da propia exposición.

Este evento tan atractivo danos pé a propoñer a quen corresponda a que se definan e engadan algunhas árbores especiais da nosa contorna como “senlleiras”. Haber hainas!



page | by Dr. Radut