Skip to Content

Concerto fin de curso: Un grande espectáculo

 

O 21 de xuño celebramos por todo o alto o remate de curso. Nada máis acaído que a Banda Xuvenil de Rubiós, na que toca moito do noso alumnado -máis de 20 estudantes- para poñer o broche de ouro a un ano escolar tan intenso como este.

 

Cun gran ambiente, nun auditorio cheo de profes e alumnas/os, tivemos ocasión de gozar coa interpretación brillante e chea de mestría de pezas moi coñecidas. Deleitámonos coa mistura de bandas sonoras de debuxos animados e pezas populares, rematando cunha para gaita solista e banda. Mesmo o profe de musica saiu a actuar para facer un so marabilloso de triángulo, con grandes aplausos. Sen dúbida, un grande e inmellorable colofón.

 

O publico asistente desfrutou moito.

Tamen tivemos o luxo de gozar co quinteto que o director da banda xuvenil convocou a propósito para este acto deixándonos abraiados/as co seu bon facer e co bo sentido do humor manifestado: realmente fíxonos pasar un moi bo momento de diversión e calidade musical.

Agradecemento especial merece Anxo Abalde, profe de música e, a parte de participante no evento en si, artífice un ano máis do acto e organizador.

Ao rematar, acompañamos á charanga cara ao instituto onde seguiu amenizando o resto da mañá ata rematar a xornada escolar. Noraboa ás músicas/o músicos. Hai moito talento musical, hai promesas que chegarán a sobresaír, mais, sobre todo, vívese moi bo ambiente e compañeirismo. Éxitos e adiante co bo traballo que estades a facer!

 

 



page | by Dr. Radut