Skip to Content

Visita do alumnado de 6º de Primaria do CEIP Marquesa do Pazo

O día 5 de xuño visitounos o alumnado de 6º de Primaria que se incorporará ao noso centro o próximo curso 2018/2019.
Visitaron as instalacións do centro, coñeceron as aulas e puideron ver como se traballa nalgunha materias. Para isto as profesoras Conchi e Nuria ensináronlle os laboratorios de Bioloxía e Xeoloxía e mais o de Química, onde puideron observar algúns experimentos. Logo o profesor de Tecnoloxía tamén lle ensinou o taller e as tarefas que alí realiza; o profesor Anxo e algúns alumnos de Música interpretáronlles varias pezas musicais e, por último, visitaron o pavillón acompañados do profesor Adrián.
Esperamos que a visita fose proveitosa para o futuro alumnado.
 


page | by Dr. Radut