Skip to Content

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O día 16 de maio, o IES, en colaboración co Consello Escolar Municipal das Neves, celebrou o Día das Letras, dedicado este ano á escritora María Victoria Moreno.
Todos os colectivos do CEMAN participou desta celebración elaborando marcapáxinas coa imaxe da escritora, carteis sobre a escritora, graffiti etc. Foi unha xornada festiva ao redor da nosa lingua.
Varias alumnas e alumnos do centro leron poemas da autora homenaxeada e mais leron un Manifesto en defensa da nosa lingua, reclamando o seu dereito a vivir en galego e unha presenza máis real do galego nos centros de ensino.



page | by Dr. Radut