Skip to Content

A COMPOSTARMOS!

O 5 de xuño, día do Medio Ambiente, veu Anxo Lois, experto en materia mediambiental, a falarnos sobre a compostaxe. En dúas sesións, cun salón de actos abarrotado de alumnas/os, tivemos ocasión de introducirnos de xeito ameno e didáctico a esta práctica respetuosa co medio. Aproveitamos a exposición que trouxemos ao noso instituto para adentrarnos nestes temas. Todo isto válenos para poñer en práctica a partir do curso que vén un composteiro onde transformar de novo en terra os residuos orgánicos que xeramos no centro.  Queremos mostrar os nosos parabéns a Revitaliza e Ceida (Centro de Extensión Universitario e de Divulgación Ambiental de Galiza, e á Deputación de Pontevedra por esta iniciativa tan loable. Un compromiso colectivo imprescindible e beneficioso!



page | by Dr. Radut