Skip to Content

Acto contra a violencia de xénero

O  venres 24 de novembro celebrouse un acto en Usos Múltiples contra a violencia de xénero. Protagonizado polo alumnado, o grupo de pandereteiras interpretaron un par de pezas musicais: "Muiñeira loitadora" e "Muiñeira reivindicativa", compostas para a ocasión polo profesor de Música Anxo Abalde. A alumnas e profesor lles agradecemos o magnífico traballo. É fundamental que desde o ensino público, e desde o conxunto da sociedade, tomemos conciencia e asumemos un rol de denuncia e combate contra a violencia machista. E tamén que rexeitemos na teoría e na práctica as dinámicas patriarcais que queren facer da muller unha persoa submisa. Debemos perseguir unha sociedade máis xusta e igualitaria.


page | by Dr. Radut