Skip to Content

Visita do Alcalde das Neves

 

A pasada semana tivemos a visita do Alcalde das Neves. Era perfectamente coñecedor da situación no Instituto causada polos lumes. Durante estes terribles días, está a haber un contacto directo entre o Concello e o noso centro, que amosa a responsabilidade, sensibilidade e compromiso do goberno local por todo o vivido por mor da catástrofe incendiaria. O Alcalde comprobou in situ as consecuencias do lume e das partes e estruturas afectadas. Fíxose un percorrido polas zonas  que sufriron o impacto deste terror. Aínda que non é unha competencia municipal, comunicou a disposición a colaborar en distintas actuacións e liñas de traballo, na medida das posibilidades existentes. Agradecemos esta actitude de comprensión e colaboración  do Alcalde, que noutros momentos xa se ten dado, mais que nuns intres tan complexos coma estes é especialmente merecente para recoñecer e valorar.O alcalde e mais o director do centro visitando a parte do monte

Aproveitamos a ocasión para,tamén, agradecermos as mostras de solidariedade de asociacións, entidades, persoas a título individual (moitas delas exprofes e exalumnado) etc. A todas elas, unha aperta. 

 

 

 
 
 
 
 


page | by Dr. Radut