Skip to Content

Matrícula de Formación Básica

Con data de 3 de agosto saíu publicada a RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2017/18. Na Disposición adicional segunda indica que as datas de solicitude de admisión e matrícula comeza o día 1 de setembro e remata o día 12 ás 13:00 horas.

A listaxe de admitidos e excluídos será publicada o día 13 no propio centro e o alumnado admitido deberá formalizar a matrícula entre o día 13 e o día 20 de setembro.



page | by Dr. Radut