Skip to Content

Axudas para libros e material escolar

ABERTO O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE AXUDAS PARA A COMPRA DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR E PARA O ACCESO AO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2017-18.

Informámolos de que xa está aberto o prazo para presentar as solicitudes de axudas para a compra de libros e material escolar, así como para acceder ao Fondo solidario de Libros de Texto para o vindeiro curso 2017-18. O prazo rematará o vindeiro 23 de xuño. Os impresos poderán recollelos na Secretaría do Instituto ou baixalos desde o seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/file/dog_convocatoria_fondolibros_axudaslibros_e_material_escolar.pdf

Aconsellamos que inicien as solicitudes con tempo. Hai bastante prazo, pero sempre poden aparecer problemas coa documentación que teñen que achegar. Para poder participar das axudas do ano que vén, o alumnado deberá entregar cando se lle pidan os libros deste curso, tanto os procedentes do Fondo solidario como os comprados co cheque de Axudas libros. É condición indispensable. Como en anteriores ocasións, o alumnado que suspenda algunha materia na convocatoria de xuño, poderá levar á súa casa os correspondentes libros que devolverá en setembro.

Comentámoslles tamén que o centro, en moitos casos entregou máis libros dos correspondentes por renda ao alumnado e que procedían de excedentes acumulados doutros anos ou da entrega solidaria ao fondo, de maneira desinteresada de moitos de vostedes. O ideal sería ter unhas existencias suficientes para evitar que tiveran que comprar algún. Isto sería posible en pouco tempo se contásemos coa súa axuda solidaria e entregasen xuntos cos das axudas, os que mercaron vostedes. Teñan en conta que eses libros teñen unha validez moi curta, debido aos constantes cambios que se introducen neles e que finalmente terminan amontoados nas casas sen sacarlle utilidade. Son moitos os centros que conseguiron un fondo suficiente para ir complementando as axudas da Xunta.

Aproveitamos a ocasión para saudalos e recordarlles que calquera dúbida que teñan, poderá ser consultada na Secretaría do centro.

DIRECCIÓN DO IES PAZO DA MERCÉ

 

 

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut