Skip to Content

Proclamación candidaturas do Consello Escolar - curso 22/23

Todas as nais, pais e titores legais que teñan matriculad@s fill@s no instituto e estean incluídos no censo, podedes acudir ás votacións deste sector que se realizarán o martes día 29 de novembro, de 12:00 a 14:20 horas.

A mesa electoral será constituída o mesmo día ás 12:00 horas públicamente.

Na papeleta de votación cada elector/a fará constar un máximo de 1 nome das candidaturas presentadas, debendo acreditar a súa identidade á hora de votar mediante a presentación do DNI ou documento acreditativo similar a estes efectos.

O voto será directo, secreto e non delegable.

Ten dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor/a legal do alumnado.

Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos que será público e unha vez realizado levantarase acta correspondente para o seu envío á Xunta Electoral do Centro.

A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidesen formular.

Candidaturas presentadas do sector:

  • Silvia Novoa Estévez
  • Noelia Rodríguez Corbillón

Co fin de poder levar a cabo o proceso electoral polo que se nomearán @s nov@s membr@s do consello Escolar e dada a importancia deste órgano, animamos as nais/pais do centro a participar nas eleccións.



page | by Dr. Radut