Skip to Content

Celebración das Letras Galegas

O pasado xoves 20 de marzo celebramos o Día das Letras Galegas. Desde a Biblioteca organizouse un concurso de cartalería para homenaxear a Xela Arias e aproveitouse este acto para lles entregar os premios ás gañadoras. O alumnado de 1º da ESO, da man da súa profesora Carmen Artos, participou coa lectura da vida e obras da autora e expuxeron os seus traballos sobre diferentes poemas da obra de Xela. Por outra banda, o alumnado de 4º da ESO, xunto co seu profesor Fernando Groba, leron un poema de creación colectiva baseados nas sensacións transmitidas pola obra da autora. Ademais, todo o instituto tivo a oportunidade de facerse con algún interesante exemplar do mercado de libros gratuíto.

 

 



page | by Dr. Radut