Skip to Content

Erasmus+

O noso centro foi seleccionado na convocatoria do ano 2015 dentro do programa Erasmus+ para a realización dun proxecto de mobilidade que permitirá a realización de prácticas no estranxeiro por parte do alumnado do Ciclo de Fomación Profesional de Sistemas Microinformáticos e Redes.

Dende entón, temos solicitado en 2016 outro proxecto de consolidación por 18 meses, repetimos no 2018 e no 2019 concedéronnos a oportunidade de repetir esta maravillosa experiencia a cal, debido á pandemia, tivemos que pospoñela  ata este curso 2021/22

Os principais obxectivos do proxecto son:

  • Mellorar as competencias do alumnado deste ciclo, ofrecéndolle a posibilidade de realizar as prácticas en empresa no estranxeiro.
  • Mellorar a competencia lingüística do alumnado do ciclo.
  • Aumentar as posibilidades de emprego para este alumnado.

E porqué non tamén aprender como funciona a vida! Temos máis en común do que nos parece e a experiencia no estranxeiro amplía a visión persoal no mundo do alumnado, repercute no noso entorno e da a coñecer o Pazo da Mercé por Europa.

O proxecto Erasmus+ está pensado para o alumnado de informática de FP Básica e de Ciclo Medio, tratando de establecer normas que permitan a igualdade de oportunidades. Non obstante, no caso de competencia por prazas, aplícarase o baremo de selección de candidaturas que aparece publicado nas NOF do instituto.

Se estás interesado, podes falar co teu tutor/a, coa coordinadora, ou escribir ao correo

erasmus.ies.pazo.merce@gmail.com

No curso da aula virtual adicado a Erasmus+ poderás atopar máis información: Información previa xeral, consellos de viaxe, baremo, solicitude, achega de documentación, plan de desenvolvemento europeo, etc.

Curso 2021-22

Este curso o noso Centro reaiizou 5 movilidades a países da Comunidade Europea:

- Antía, a profesora que impartíu a asignatura de inglés en FP básica, fixo un Job Shadow cun Centro Educativo italiano.

- Catro alumnos e alumnasa fixeron as prácticas en empresa correspondentes ao módulo de Formación en Centros de Traballo:

  • Un alumno e unha alumna de FP Básica de Informática de oficina,  que disfrutaron dunha beca Erasmus+ en Lisboa, facendo as prácticas en Worten (Sintra e Amadora)

                       

  • Dous alumnos de Ciclo medio de Sistemas Microinformáticos e Redes, disfrutaron dunha movilidade en Lisboa, e realizaron as prácticas en Abanca Portugal.



page | by Dr. Radut