Lingua galega

VISITA Á CIDADE DA CULTURA E AO PARLAMENTO DE GALICIA

Organizado polos departamentos de Ciencias Sociais e de Lingua Galega e Literatura, o xoves, día 8 de novembro, o alumnado de 4º da ESO realizou unha viaxe a Compostela para facer unha visita guiada á exposición “Galicia máxica”,  centrada na figura de Castelao e no impresionante cadro “ A derradeira lección do mestre”, traído dende Arxentina e que se coñece  como “O  Guernica galego”.

Na mesma xornada realizamos unha interesante e didáctica visita  ao Parlamento de Galicia onde, alén de explicarnos  o funcionamento deste organismo e de visitarmos as súas instalacións,  tivemos a oportunidade de protagonizar unha sesión parlamentaria sobre un tema relacionado coa educación.

Dúas actividades moi interesantes, nunha mañá intensa de moito temporal, na que non tivemos nin un mínimo descanso,  pero que pensamos  mereceu a pena.

ANDREA MACEIRAS VISITA O NOSO IES

Este martes, día 13 de novembro,  a escritora Andrea Maceiras tivo un  encontro co alumnado de 3º e 4º da ESO para falar da novela “O que sei do silencio”,  que trata sobre acoso escolar. A autora confesou que era a primeira vez que falaba desta obra con lectores e lectoras de secundaria por ter sido publicada moi recentemente e que quedou finalista do Premio Raíña Lupa 2017.

escritora 1

 

andrea maceiras 3

Actividades literarias no Museo Provincial de Lugo

O pasado martes, 7 de abril, o alumnado de 2º ESO participou nunha actividade deseñada polo Museo Provincial de Lugo a partir da lectura dun libro de relatos de medo: Contos no Museo.

 

14-15 museo de lugo  (7) (Copiar)

Excursión do Proxecto Interdisciplinar 2011-12

Despois de todo un curso elaborando material sobre a comarca da Estrana , por segundo ano consecutivo o alumnado do Proxecto Interdisciplinar (1º E.S.O.) tiveron a oportunidade de facer un traballo de campo nos lugares sobre os que tanto traballaron

23 de Abril, Día do Libro

Por abril o noso ies un a toda lectura en libros activos e activados

Día 23 de abril, primavera a camiño, nacemento e vida, lectura activa.Día de Libros.Velaí unha proposta de afectos, ler, para así saber un pouco máis quen somos, poisa o ler…lémonos, e así a través dos libros atopámonos con moita cousa para irnos construíndo, aínda que mesmamente un libro non nos guste, na nosa BIBLIOTECA, na casa e nas Librerías, hai moitos máis onde conectar para así sentirnos vivos e verdadeiros suxeitos da nosa madureza como persoas. Velaí un mundo de mundos no soporte, non único, dos Libros e estes arriquecidos no enerxético da Cultura nosa e así logo na comunicación da nosa Lingua ( e tamén nas outras, pois son flor de pobos e iso debemos respéctalo sempre).

O ies nº1 así neste 23 de abril e de primavera, a augas mil, vai a toda lectura para seguir polo ano adiante, e sempre, en hábito lector da man dos libros para estar no mundo, neste mundo, que soñamos sostible e mellor.

Elaboración artesanal dos pratos de polbo

Un traballo de Rubén Míguez Baltar 
de 1º ESO.

Prosperando

Parabéns para as nosas alumnas: 

Distribuir contido