Remataches de ler un libro e non sabes cal ha de ser o seguinte? Queres facer un agasallo lector nestas festas e aínda non llo encargaches ao Apalpador e aos Reis Magos? Daquela, non deixes de ver as recomendacións lectoras que nos achegan as Bibliotecas dos IES Losada Diéguez, Manuel García Barros e Nº 1.
As nosas propostas para ler a carón da cheminea inclúen lecturas para todas as idades así como uns especiais sobre Palestina e os últimos Premios Nacionais para obras en lingua galega, ademais de cinema.
Todos estes títulos e moitos máis están agardando por nós nas librarías locais. A mellor compra é a compra local. Apostemos polo comercio da Estrada.