Inglés, Novas Inglés, Libros Recomendados, Programas de Inmersión Lingüística, Cursos de Verán, Apuntamentos, Exercicios

Spring Week 2024, programa de inmersión lingüística en inglés

23-24 Spring Week (do 14 ao 20 de abril)

O alumnado de 3º ESO vai rematando o seu segundo día do programa Spring Week en Mondariz, unha estadía de inmersión lingüística en lingua inglesa durante a cal o alumnado practica e mellora o seu dominio do idioma dende un enfoque comunicativo, especialmente oral, no que combinan as tarefas de aula con outras actividades lúdicas.   

No primeiro día o grupo visitou Mondariz-Balneario para coñecer mellor este concello, pequeno en tamaño pero dunha historia moi rica que garda relación coas súas instalacións termais. 

Nas aulas os rapaces e as rapazas do noso centro e doutros institutos están a elaborar proxectos sobre "sustainability" en pequenos grupos e que presentarán o último día diante de todos e todas. Polas tardes participan en diferentes actividades: archery, jungle trek, wildlife identification, horse riding... Polo que podemos ver, a experiencia está a ser moi intensa e enriquecedora. E aínda teñen por diante toda a semana!

Criterios de cualificación - Inglés

Pandeireteiras

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA ANO 2010

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca 3.077 prazas para realizar actividades de inmersión lingüística no ano 2010.

Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia dos cursos que aparecen nesta táboa e que non fora beneficiario desta axuda no verán de 2008 ou no verán de 2009

Acceso á Orde de convocatoria.

Acceso ao cartel informativo.

 

 O prazo de presentación de solicitudes remata o día 12 de marzo

Distribuir contido