Novas Dinamización

O videopoema "A xustiza pola man", de Noa Cabaleiro Ribadulla, 1º premio no VI Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María

Dende Outeiro de Rei chegounos unha nova moi feliz: Noa Cabaleiro Ribadulla, alumna de 3º ESO do IES Nº 1 da Estrada, gañou o 1° Premio do VII° Concurso de Videocreación de poemas de Manuel María e Rosalía de Castro. co videopoema "A xustiza pola man", proposta baseada no poema homónimo de Rosalía.

O xurado do certame premiou o videopoema de Noa “por unha sobresaliente interpretación da protagonista cuns planos que transmiten plenamente a variedade de emocións que transitan o poema. Pola plasticidade das imaxes e un ritmo na montaxe que contribúen moi notablemente a conducir e achegarnos á palabra literaria”. Ademais, o xúri premiou o videopoema "Negra sombra", do alumnado do CPR de Narón, e a Sofía Regueiro, do IES Monelos da Coruña, que obtivo un accésit polo videopoema "Rosas". Moitos parabéns ao alumnado galardoado e a todos os centros e alumnos/as participantes, en especial a Noa. Noraboa!

Así mesmo, agradecemos á Casa-Museo Manuel María a oportunidade de convocar este certame que procura potenciar a creatividade artística a través da harmonía entre palabra e imaxe e difundir a obra de Rosalía e Manuel María, e mais ao xurado polo seu dífícil labor de valorar e seleccionar traballos de tanta orixinalidade e calidade enviados por ducuias de alumnos/as e centros de ensino de todo o país.

Recomendacións de lecturas para o verán

Velaquí tedes as recomendacións das lecturas consensuadas entre as bibliotecas dos IES Losada Diéguez, Manuel García Barros e Nº1. 

Podedes vir buscalas á biblio e gozar da lectura durante o verán.

Uxía Seoane Duro, IIº premio de poesía no Certame Literario Xoán Díaz de Cambre

A alumna Uxía Seoane Duro (4º ESO) vén de ser recoñecida co 2º Premio de Poesía no Certame Xoán Díaz do Concello de Cambre pola obra ‘Ansiedade. Depresión. Medo’ na categoría reservada para mozos e mozas de entre 15 e 18 anos.

O IES David Buján acolleu o venres 19 a entrega dos premios do Certame, un galardón que organiza o instituto xunto co IES Afonso X O Sabio e o Concello. Os recoñecementos entregáronse nas categorías de poesía, narración e microteatro e participou alumnado de toda Galicia.

Noraboa, Uxía!

 

Microliteratura de premio

Un ano máis, os Equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino do noso concello convocaron o Concurso de Micropoemas e Microrrelatos DinamizaEstrada. Nesta edición, a décima xa!, participaron centos de escolares, que fixeron ben difícil o labor dos xurados, primeiro en cada centro e logo na fase final, á que chegaron 200 traballos (ver acta de resolución aquí)..
Os micropoemas e os microrrelatos debían incluír as palabras "camiño" e "espello", respectivamente, e foron escollidas nunha votación polos escolares de entre unha serie de termos recollidos na obra de Francisco Fernández del Riego, a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.
Os traballos de Martín Seoane Duro, Helena Castaño Pazos, Noa Cabaleiro Ribadulla e Sara Espiño Vaamonde resultaron gañadores e formarán parte do libro que será publicado e dado a coñecer nun acto de entrega de premios que terá lugar antes de que remate o curso.

Campionato de Xadrez

O xoves 17 de decembro tivo lugar a celebración do último día do campionato de xadrez organizado na Biblioteca. Logo de varias partidas disputadas por cada un dos participantes, resultaron gañadores os alumnos Rodrigo Folgar, Iván Hermida, Junior Riveiro e Alexandre Núñez.

Parabéns especiais para eles e para todos os participantes! 

2022 12 Premios de Xadrez

O IES Nº1 en Radio Estrada

O sábado, día 26 de febreiro, Alba Moimenta (1º ESO), Lía Expósito (1º ESO) e Marta Pedreira (4º ESO), alumnas do IES Nº 1, participaron, convidadas por Isabel Durán e Pilar Bernárdez, nunha  sección  especial de “Recunchos da Lingua” no programa Mañás do sábado, con motivo da celebración do Día de Rosalía.

Ademais do IES Nº 1, tamén acudiron á convocatoria o IES Losada Diéguez e os CEIP Cabada Vázquez, O Foxo e Pérez Viondi.

 DÍA DE ROSALÍA EN RADIO ESTRADA - Google Fotos

CONMEMORACIÓN DO CENTENARIO DO XORNAL EL EMIGRADO

 Con motivo da conmemoración do centenario do xornal El Emigrado, publicado na Estrada por primeira vez o 15 de setembro de 1920,  a asociación cultural Vagalume  quixo celebrar unha homenaxe a esta publicación que, segundo sinalan desde a asociación, foi un dos acontecementos culturais máis decisivos do municipio e do país en xeral.

Semana da Lusofonia no IES nº 1 da Estrada (24-28 de abril)

lusofonia

Actividades de celebración do DÍA DE ROSALÍA

No acto organizado polo Concello da Estrada no MOME para conmemorar o aniversario de Rosalía de Castro participamos recitando por diversos membros da comunidade educativa un texto de David Otero que gaba a figura da autora.

 

 Baixo o lema 24F de R o alumnado leu e interpretou diversos poemas da autora.

 

14-15 dia rosalia  (5)

 

A poesía Necesaria

Lectura e creación poética dentro da aula - Antonio García Teijeiro

Como peche do CICLO DAS LETRAS GALEGAS,2010, o Departamento de Lingua Galega, a Biblioteca e o Equipo de Normalización Lingüística do IES Nº1, organizan un encontró literario co poeta e profesor ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO.

Na Biblioteca do Centro, o martes día un de xuño foi unha presentación e valoración do autor por parte dos alumnos a través da lectura da súa obra , un obradoiro poético e logo o posterior recitado tanto individual como grupal dos alumnos, así como a elaboración das conclusións de traballo e propostas de novas realizacións literarias no Centro IES Nº1 da Estrada.ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO é un escritor moi premiado e asemade de obra numerosa cualificada presente nas revistas literarias e moi especialmente un mediador intenso e ben contrastado na promoción da lectura e da poesía nos centros de ensino .

Antonio Garcia Teijeiro é especialista literario, escritor, colaborador e amigo que foi de Alberti e Celso Emilio Ferreiro,  como arestora o é de Paco Ibañez, Eduardo Aute, e desta maneira salientar que tamén  moi   valorado polas súas opinión e asemade tamén nas súas numerosísimas intervencións en Congresos e Xornadas tanto en Gailcia como no resto do estado Español e no estranxeiro.

Distribuir contido