Conferencias

Paixón pola profesión

 

O pasado xoves día 18 de xaneiro, estivo no noso centro Uxía Rodríguez Nebra, unha moza estradense que trasladou ao noso alumnado a paixón polos seus estudos e profesión; a mecánica. Todo un referente, non só por romper barreiras nun mundo eminentemente masculino, senón tamén por trasladar valores como o esforzo e a perseveranza, e expresar emocións reais e sen filtros, pouco comúns no mundo virtual ao que todos estamos expostos na actualidade.

Agradecemos moito a Uxía a súa visita e desexamóslle moitos éxitos!

Uxía Rodríguez Nebra achega ao alumnado a paixón pola súa profesión

 

O pasado xoves día 18 de xaneiro, estivo no noso centro Uxía Rodríguez Nebra, unha moza estradense que trasladou ao noso alumnado a paixón polos seus estudos e profesión; a mecánica. Todo un referente non só por romper barreiras nun mundo eminentemente masculino, senón tamén por trasladar valores como o esforzo e a perseveranza, e expresar emocións reais e sen filtros, pouco comúns no mundo virtual ao que hoxe en día estamos expostos.

Para coñecer máis sobre a carreira profesional de Uxía, preme aquí

Distópicas galegas

O alumnado de 1º ESO participará mañá nun Obradoiro de creación literaria impartido por Raquel Queizás, contadora de historias, actriz, titiriteira e filóloga, que estimulará a creatividade artística do alumnado a través de diferentes dinámicas que terán como fío condutor a novela Be Water, de Antía Yáñez.

A actividade forma parte dunha campaña de obradoiros impulsada nos centros educativos pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) en colaboración coa Deputación de Pontevedra e organizada no noso centro polo Departamento de Lingua Galega.

Taller de RCP

O pasado venres día 26 de maio o alumnado de 1º da ESO participou, xunto co alumnado dos restantes centros de secundaria da Estrada, nun taller de reanimación cardiopulmonar, organizado pola Concellería de Sanidade da Estrada, o centro de saúde e emerxencias e a Axencia Galega de Emerxencias. A actividade estivo guiada por instrutores do 061 e médicos da zona. 

Velaquí a súa implicación e interese nunha práctica fundamental para salvar vidas.   

 

xornada RCP 22-23

II Mostra de Orientación, 28 e 29 de marzo de 2023

Os días 28 e 29 de marzo celebrarase a II Mostra de Orientación, organizada polos centros de ensino secundario e o Concello de A Estrada, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Terá lugar no pavillón principal (nº 4) do recinto feiral da Fundación de Exposicións e Congresos.

A visita aos stands será aberta e gratuíta, mentres que a asistencia ás charlas está reservada (por cuestións de aforo) ao alumnado dos centros educativos de secundaria da Estrada. 

Nesta Mostra participarán, entre outros: as tres universidades públicas galegas, Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, Centro Superior de Hostelería de Galicia, outras universidades de fóra da comunidade, institutos de formación profesional da contorna, asociacións, etc.

Novas na prensa:

OBRADOIRO DE SEXUALIDADE

O DÍA 12 DE MAIO INICIAMOS PARA OS ALUMNOS DE 3º ESO GRUPO A-B e PDC UN

OBRADOIRO DE SEXUALIDADE  E ADOLESCENCIA

QUE REALIZARASE EN HORAS DE TITORIA( 4 SESIÓNS POR GRUPO) IMPARTIDA POR JAVIER CASTRO , Educador social  que colabora con ACROFAM( ASOCIACIÓN PARA EL CRECIMIENTO Y ORIENTACIÓN FAMILIAR). OS TEMAS QUE ABORDARAN NO OBRADOIRO SON:

  • SEXUALIDADE  E SENTIMENTOS. OTRA FORMA DE SER DIFERENTES.
  • SEXUALIDADE LIBRE DE MITOS.
  • MÉTODOS ANTICONCEPTIVOS.
  • DETEITOS SOBRE A MIÑA SEXUALIDADE.

Exposición premiados no concurso IMAXES CON FONDO

E son imaxes con fondo

porque o son con corpo

                   con saber e sabor

                   con gusto.

Son imaxes múltiples

que multiplican,

que van a unha

facéndose tantas como ti gustes,

porque tiran de nós

CAMPAMENTOS URBANO 2012. CONCELLO DA ESTRADA

cartel campamento urbano 2012b

 

Esta aberto o prazo de  presentación de solicitudes para participar no Campamento Urbano 2012 organizados polo Concello.

O campamento, dirixido a rapaces e rapazas de 3 a 13 anos, ten como obxectivo facilitar un espazo para compatibilizar a vida familiar e   laboral a homes e mulleres con cargas familiares, durante o período de verán e desenvolverase do   2 de xullo ao 7 de setembro  de 2012, de luns a venres, en horario de 8:00 a 14:00. Aquelas familias que o precisen por razón laborais,  poderán levar os rapaces as 7:30 e recollelos as 14:30, avisando previamente os monitores. Tamén se poderá dispensar o servizo de almorzo a primeira hora da maña a aqueles rapaces que o precisen.

No Campamento Urbano 2012, ademais de facilitar un servizo de atención e custodia dos menores,  desenvólvense distintas actividades con temáticas diversas en cada unha das quincenas: O mundo mariño, o mundo  medieval ( con visita o Museo etnográfico de Melide), etc.  As actividades impartiranse por grupos de idade.

Distribuir contido