CAMPAMENTOS URBANO 2012. CONCELLO DA ESTRADA

cartel campamento urbano 2012b

 

Esta aberto o prazo de  presentación de solicitudes para participar no Campamento Urbano 2012 organizados polo Concello.

O campamento, dirixido a rapaces e rapazas de 3 a 13 anos, ten como obxectivo facilitar un espazo para compatibilizar a vida familiar e   laboral a homes e mulleres con cargas familiares, durante o período de verán e desenvolverase do   2 de xullo ao 7 de setembro  de 2012, de luns a venres, en horario de 8:00 a 14:00. Aquelas familias que o precisen por razón laborais,  poderán levar os rapaces as 7:30 e recollelos as 14:30, avisando previamente os monitores. Tamén se poderá dispensar o servizo de almorzo a primeira hora da maña a aqueles rapaces que o precisen.

No Campamento Urbano 2012, ademais de facilitar un servizo de atención e custodia dos menores,  desenvólvense distintas actividades con temáticas diversas en cada unha das quincenas: O mundo mariño, o mundo  medieval ( con visita o Museo etnográfico de Melide), etc.  As actividades impartiranse por grupos de idade.

Os rapaces/zas poderán inscribirse o campamento por quincenas. O custe da  inscrición por cada quincena e de 33 euros e nos días do 3 o 7 de setembro o importe da inscrición e de 15 euros. O custe a abonar polos pais no  período completo do 2 de xullo o 7 de setembro ascende a 147  euros.

O prazo para a inscrición permanecerá aberto dende o día 5 ata as 13 horas do día 20 de xuño.  A ficha de inscrición, segundo modelo, deberá presentarse no prazo indicado no Departamento Municipal de Servizos Sociais, xunto co xustificante de ingreso bancario dos importes correspondentes o período de inscrición.

O  número máximo de participantes será a 60 menores por quincena, que segundo as idades se dividirán en grupos para favorecer  a adaptación das actividades ás capacidades dos menores. No caso de que o nº de solicitudes supere a previsión de prazas, priorizaranse as solicitudes de rapaces/zas nas que os seus pais se atopen traballando durante o período de inscrición nas actividades. En igualdade de condicións atenderanse as solicitudes por orde de chegada.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: ata o 20 de xuño.

PARA MÁIS INFORMACIÓN DIRIXIRSE Ó DEPARTAMENTO DE SERVICIOS SOCIAIS DO CONCELLO

OU CHAMANDO Ó TELÉFONO 986/57.32.65.