Este pasado martes tivo lugar a reunión coas familias para dar a coñecer e ultimar os detalles finais da viaxe de fin de etapa da ESO. Agradecemos a colaboración das familias e a organización por parte do grupo de profesoras implicadas na actividade, comezando por Ana, a responsable de Actividades Extraescolares e Complementares.
París agarda polo alumnado de 4º ESO entre o 31 de marzo e o 4 de abril. Xa falta menos!!!
O alumnado de Educación Plástica e Visual de 4º ESO desprazouse ata Madrid o pasado martes 21 de novembro cos seus profesores Jano e Rosario.
O grupo visitou as coleccións permanentes do Museo do Prado e do Museo Thyssen-Bornemisza, onde tamén coñeceron a mostra Picasso, lo sagrado y lo profano, que reúne un total de 38 obras, 22 delas do artista malagueño, procedentes tanto dos fondos propios da pinacoteca como de préstamos do Musée National Picasso-Paris e doutros coleccionistas, que se unen a outras pezas do Greco, Rubens, Zurbarán, Van der Hamen, Delacroix, unha escultura de Pedro de Mena e algúns gravados de Goya.
Ademais, houbo ocasión para coñecer o centro da cidade e tamén houbo oportunidade para gozar do tempo de lecer e convivencia en grupo.
Foi unha xornada intensa que requiriu madrugón e rematou xa ben entrada a noite, mais pagou moito a pena.
"Na Estrada para o Porto" é a crónica en imaxes da excursión que o alumnado de portugués fixo en abril á cidade invicta. Tamén é unha humilde guía de viaxe que queren compartir con tod@s vós. Para o ano, máis.
O pasado martes o alumnado de 3º ESO gozou do merecido premio do Concurso do Entroido 2023. Acompañados polas profesoras Ana e Carmen, pasaron o día no Aquapark de Cerceda.
Se queredes lembrar como foi o entroido deste ano, podedes ver a crónica en imaxes.
O alumnado do itinerario científico e tecnolóxico de 3° e 4° ESO achegouse na mañá do pasado venres 12 a Santiago de Compostela para coñecer as instalacións, os recursos os proxectos que se desenvolven no CiQUS, o Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da Universidade. Ademais, visitaron o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), onde coñeceron o ordenador cuántico máis potente do Estado e un dos primeiros de Europa.
...rinchan as bestas ceibes nos outeiros de lonxe...
O pasado martes o alumnado e o profesorado do IES Nº 1 seguiron a ruta que fan as greas das bestas de Sabucedo dende que son reunidas no Chan das Lamas (Montillón) ata o curro da aldea pasando polo Peón e O Castelo.
Homes e sombras que regresancorren as greas contra o circuíto final das certidumes
Ibán, voluntario da Asociación Rapa das Bestas, guiounos na ruta e axudounos a interpretar o hábitat da maior poboación de cabalos que viven en liberdade de toda Europa, así como a reflexionar e comprender que a protección deste ecosistema é fundamental para manter viva unha tradición milenaria que a día de hoxe, sorprendentemente, aínda non foi recoñecida como Ben de Interese Cultural (BIC).
Ademais de cruzármonos con varias greas e co gando vacún e de admirar a biodiversidade destes montes, que ten na besta un gran aliado, coñecemos a escavación arqueolóxica de mámoas que se leva a cabo nesta ruta.
Finalmente, xa no curro do Campo do Medio, admiramos as bestas de preto e alí, outro membro da Asociación, Iván Sanmartín, explicounos o perigo que supoñen os proxectos de instalación de ata 4 parques eólicos na contorna de Sabucedo, que ameazan este patrimonio que é de todas e de todos.
O pasado 4 de outubro o alumnado de 2º de ESO realizou unha saída para coñecer o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa de San Cibrao de Las e realizar unha ruta de senderismo polas beiras do río Barbantiño en Punxín.
No Castro de San Cibrao, grazas á atención e ao saber facer dos monitores do propio Parque, coñeceron algo máis sobre a forma de vida, os costumes e outras peculiaridades da cultura castrexa. Tamén fixeron os seus piniños na arqueoloxía cun pequeno obradoiro onde aprenderon a desenterrar e catalogar restos arqueolóxicos.
Despois da visita ao Parque, realizaron unha ruta de senderismo de 7 km. polas beiras do río Barbantiño, en Punxín, ata a Fervenza do Río Barbantiño
Foi unha xornada moi agradable de cultura, educación e lecer, tanto para o alumnado como para o profesorado acompañante.
Estas 2 actividades foron realizadas polos departamentos de Dinamización Lingüística, Educación Física, Educación Plástica, Paisaxe e Sustentabilidade e Xeografía e Historia dentro da programación interdisciplinar do PROXECTOTERRA no que participa o IES Nº 1 un ano mais.
O 28 e 29 de abril o alumnado de 2º de ESO participou no INTERCAMBIO COUREL-CAÑÓN DO SIL dentro das actividades complementarias da materia de Paisaxe e Sustentabilidade, grazas ao patrocinio do PROXECTO TERRA, co que colaboramos.
O xoves 28 visitamos o Museo Xeolóxico e o Museo Etnográfico de Quiroga, e xa á tardiña fixemos o roteiro cara á Lagoa de Lucenza - Fervenza de Vieiros.
O venres 29 disfrutamos dunha visita guiada ao Mirador de Campodola e á Alvariza da Granxa en Santa Eufemia e achegámonos ata a falla de Santa Eufemia, singular punto de interese do Xeoparque.
Pola tarde, dirixímonos á Ribeira Sacra, ao embarcadoiro de Doade, para percorrer o Canón do Sil en catamarán.
Unha excursión estupenda que o alumnado disfrutou!!!
Agradecemos especialmente o labor de Guillermo e Iván, os dous magníficos guías de COUROLEANDO. Con eles aprendimos as singularidades do noso territorio, disfrutamos desa contorna con magníficas paisaxes e pasamos uns agradables momentos, combinando o lecer coa aprendizaxe.
O venres 21 de xuño, como remate do curso escolar 2018-19 o departamento de Paisaxe, organizou, para o alumnado e profesorado do IES Nº 1, unha RUTA DE SENDERISMO entre o Muíño do Salgueiro (Pina) e Paradela (campo da festa) pola beira do río Liñares. Ao remate desta pequena e cómoda ruta de 3'5 km (adaptada en 2'5 km. para persoas con mobilidade reducida), os membros do CLUB DE LECTURA achegaronse ata o Recreo Cultural para realizar a súa última actividade, pegarse un chapuzón na piscina e comer todos xuntos. O resto do alumnado tivo no Coto salmonero de Ximonde unha actividade lúdica para tomar o merecido bocata e, grazas á colaboración do Concello da Estrada ( #TurismoAEstrada ), realizar unha xornada de XOGOS TRADICIONAIS INTERNACIONAIS.
O 3 e 4 de maio do 2019 o alumnado da materia de Paisaxe e Sustentabilidade de 2º ESO participou un ano mais nos intercambios do PROXECTO TERRA. Este ano fixemos o Camiño de Santiago en dúas etapas. A primeira de 13 km. (...e 650 metros de desnivel) dende o Alto do Poio ata Triacastela e o día seguinte disfrutamos da estupenda ruta entre Triacastela e Samos, de case 10 km. Ademáis, grazas a estupenda coordinación e asesoramiento de Juan Nicolás Fernández (mebro do grupo Proxecto Terra) aprendimos moito sobre as características deste entorno natural, do Camiño e da vida e histora do Cebreiro e Samos.Grazas a todos, incluído o alumnado que, ademáis de divertirse e aprender, unha vez mais respeondeu e supo comportarse á altura que se lle pide dende o IES Nº 1