Novas |
Todo o alumnado procedente de centros educativos non adscritos que desexe estudar o próximo curso no IES Nº1 deberá presentar solicitude de admisión. Prazo de presentación: do 1 ao 20 de marzo, ambos incluídos. Na secretaría do centro deberán presentar a seguinte documentación: |
|||
Ábrese o prazo para solicitar as BOLSAS DE CARÁCTER XERAL PARA O CURSO ACADÉMICO 2024-2024 para estudantes que vaian cursar estudos postobrigatorios: Bacharelato, Formación Profesional de grao básico, medio, superior, etc. PRAZO: dende o 19 de marzo ao 10 de maio de 2024 Aínda que o alumnado non saiba con seguridade que ou onde vai estudar, débese solicitar a bolsa igualmente neste prazo. Nesta ligazón pódese obter máis información. |
|||
A Consellería de Educación publicou a Resolución pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de ESO e Bacharelato en Galicia no curso 2023/2024. Alumnado que cursa 4º da ESO: |
|||
O IES Nº1 comunica que todos os alumnos e alumnas procedentes dos centros adscritos foron admitidos. Teñen, por tanto, a praza asegurada; deberán realizar a matrícula nas datas indicadas no calendario que publicaremos no mes de xuño. A listaxe está exposta no taboleiro de anuncios do Centro, por se quixeren consultala. |
|||
O martes 3 e o mércores 4 de outubro terán lugar as presentacións cos titores/as dos seus fillos e fillas. Trátase dun primeiro encontro na biblioteca, en que tamén estaremos presentes o equipo directivo e a orientadora, e a seguir irán co titor ou titora correspondente á aula do seu fillo/a. |
|||
Nos ficheiros adxuntos figura a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 23-24. Aconséllase non mercar ningún libro ata iniciado o curso en setembro, cando se resolva a convocatoria de fondolibros e o reparto de libros do fondo solidario de libros de texto do centro. O curso 23-24 incorpórase 3º ESO ao programa E-Dixgal polo que os libros de texto para o alumnado de 1º ESO, 2º ESO e 3º ESO nalgunhas materias serán dixitais. O alumnado destes tres cursos non poderá acollerse á convocatoria de fondolibros pero si ao fondo de libros solidario do propio centro.
|
|||
Dende o 23 de xuño ao 5 de xullo está aberto o prazo para solicitar a admisión nun ciclo formativo de grao medio para o alumnado que obtivo o título da ESO ou superou a proba de acceso. Dita solicitude realízase a través dunha aplicación web que xera un impreso con instrucións individualizadas para cada alumno/a. Toda a información no seguinte enderezo web. Calquera dúbida, no Departamento de Orientación do centro.
|
|||
Está aberto o prazo para solicitar as bolsas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, convocadas polo Ministerio de Educación e FP. A solicitude realizarase telemáticamente a través de Sede Electrónica dende o 8 de maio ata o 20 de setembro. Unha vez cumprimentada a solicitude telemática, débese imprimir e presentar no centro educativo xunto coa documentación requirida. Toda a información neste enlace.
|
|||
Recementemente publicouse a ORDE do 31 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022/23. O obxectivo é premiar aos alumnos e alumnas de mellor expediente académico nos estudos de Educación Secundaria Obrigatoria. Destinatarios: alumnado que estea proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en ESO e obtivese no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos. |
|||
O alumnado do IES Nº1 participou na II Mostra de Orientación, que se celebrou o 28 e 29 de marzo no recinto feiral do Concello da Estrada. Mediante charlas informativas e visitas aos stands, agardamos espertar vocacións, intereses e inquietudes e contribuír, dalgún xeito, á toma de decisións educativas e profesionais dos nosos alumnos e alumnas. |
|||
Está aberto o prazo para solicitar as BOLSAS DE CARÁCTER XERAL PARA O CURSO ACADÉMICO 2023-2024 para estudantes que vaian cursar estudos postobrigatorios: Bacharelato, Formación Profesional de grao básico, medio, superior, etc. PRAZO: dende o 27 de marzo ao 17 de maio de 2023 Aínda que o alumnado non saiba con seguridade que ou onde vai estudar, débese solicitar a bolsa igualmente neste prazo. Nesta ligazón pódese obter máis información.
|
|||
Os días 28 e 29 de marzo celebrarase a II Mostra de Orientación, organizada polos centros de ensino secundario e o Concello de A Estrada, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Terá lugar no pavillón principal (nº 4) do recinto feiral da Fundación de Exposicións e Congresos. A visita aos stands será aberta e gratuíta, mentres que a asistencia ás charlas está reservada (por cuestións de aforo) ao alumnado dos centros educativos de secundaria da Estrada. Nesta Mostra participarán, entre outros: as tres universidades públicas galegas, Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, Centro Superior de Hostelería de Galicia, outras universidades de fóra da comunidade, institutos de formación profesional da contorna, asociacións, etc. Novas na prensa: |
|||
|
|||
Recentemente publicouse a convocatoria para as probas de acceso a ciclos de grao medio e superior. O prazo de inscrición para as probas de GRAO MEDIO abrangue dende o 27 de febreiro ao 10 de marzo. A proba realizarase o 25 de MAIO. Amplía información no seguinte enlace ou a través do Departamento de Orientación. |
|||
|
|||
|
|||
|
|||
As persoas interesadas poderán reclamar ata o martes 18 de xullo ás 12:00h. |
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
Esta aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar no Campamento Urbano 2012 organizados polo Concello. O campamento, dirixido a rapaces e rapazas de 3 a 13 anos, ten como obxectivo facilitar un espazo para compatibilizar a vida familiar e laboral a homes e mulleres con cargas familiares, durante o período de verán e desenvolverase do 2 de xullo ao 7 de setembro de 2012, de luns a venres, en horario de 8:00 a 14:00. Aquelas familias que o precisen por razón laborais, poderán levar os rapaces as 7:30 e recollelos as 14:30, avisando previamente os monitores. Tamén se poderá dispensar o servizo de almorzo a primeira hora da maña a aqueles rapaces que o precisen. No Campamento Urbano 2012, ademais de facilitar un servizo de atención e custodia dos menores, desenvólvense distintas actividades con temáticas diversas en cada unha das quincenas: O mundo mariño, o mundo medieval ( con visita o Museo etnográfico de Melide), etc. As actividades impartiranse por grupos de idade. |
|||