Orientación

Calendario de admisión a ciclos formativos en centros docentes sostidos con fondos públicos

Publicado o calendario de admisión a ciclos formativos de formación profesional de grao medio e de grao superior en réxime ordinario e para as persoas adultas en centros docentes sostidos con fondos públicos.

 

01

Obradoiro de Prevención de Violencia de Xénero

banner

 

Benvidxs a todxs chicxs!

Todos os alumnos de 2ºA, 2ºB e 2ºC están invitados a participar nesta actividade, que forma parte do taller de Prevención de Violencia de Xénero.  Esta idea xorde do desexo de refleixonar, máis alá dos 50 min de sesión, sobre todo o que imos  traballar nestas seis semanas.

CONVOCATORIA - PROBA DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS

GRAO MEDIO

Requisitos: Ter 17 anos ou cumprilos no ano 2016.

Presentar solicitude do Anexo I do DOG 11/02/2016 en calquera centro de Formación Profesional. O prazo de presentación abrangue do 4 ao 15 abril.

A data de realización é o 25 de maio.

GRAO SUPERIOR

 

Requisitos: Ter 19 anos ou cumprilos no ano 2016.

Presentar solicitude do Anexo II do DOG 11/02/2016 en calquera centro de Formación Profesional. O prazo de presentación abrangue do 15 ao 26 febreiro.

 

Orienta 2015-16

O Departamento de Orientación do centro pon a vosa disposición o programa "Orienta 2015-2016", para axudarvos na vosa toma de decisión académicas e profesionais.

Este programa traballarase no centro coa orientadora pero tamén podedes descárgalo no teu ordenador da casa.

Para instalar o programa no teu ordenador en windows, descargate o arquivo, descomprimeo e entra na carpeta que executa o ficheiro "OrientaInternet...........exe".

 

De todos xeitos, se tes dúbidas, consulta coa orientadora.

Dirección en Internet:

  www.elorienta.com/numerounoestrada

  

 

 

 

Relatorio "Alcol e adolescencia

O xoves 12 de abril ás 20:00 h, no Museo do Moble a da madeira (mom, Avda. Benito Vigo da Estrada), realizarase un relatorio baixo o título "Alcol e Adolescencia" impartido por Manuel Isorna Folgar (Doutor en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela).


"Máis da metade dos adolescentes que consumen alcol desenvolverán depencia"

Guía de orientación académica e profesional 2011-12

Presentamos a nova edición da GUÍA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA PROFESIONAL Actualizada coas novidades e variacións máis recentes

Probas de acceso a ciclos de Grao Medio. Curso 2011-12


  • REQUISITOS: Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba (é dicir, ata decembro de 2012).

  • DATAS  DE INSCRICIÓN: Do 27 de febreiro ao 9 de marzo, inclusive. Nas secretarías dos centros que impartan ciclos formativos (IES Antón Losada). 

  • DATA CELEBRACIÓN DA PROBA: 25 maio.  

  • INFORMACIÓN DE INTERESE: O alumnado ten a disposición na conserxería do centro (para poder facer fotocopias) modelos de exames doutros anos e de contidos esixidos nas diferentes partes da proba. Os interesados/as poden pasar pola secretaría do centro a cubrir a solicitude de inscrición. O alumnado do PCPI terá de prazo ata o 5 de marzo,  o día 6 acudirase ao IES Antón Losada para presentala. O alumnado da ESO terá de prazo ata o 7 de marzo, o día 8 acudirase ao IES Antón Losada para presentala. 

  • MÁIS INFORMACIÓN: Ver calendario no taboleiro da clase. Consultar a páxina http://www.edu.xunta.es/fp/probas. Acudir ao departamento de orientación do centro.  

Blog de orientación

Xa tedes a vosa disposición o blog de orientación do centro, onde atoparás información de interese para elaborar o teu itinerario académico-profesional. Para calquera aclaración, non dubides en acudir ao departamento de orientación do centro. Lembrade que a orientadora está a vosa disposición en todos os recreos e nas horas de titoría (previa autorización dos titores/as).

LOGO ORIENTA

Distribuir contido