Comunicados |
Está aberto o prazo para solicitar as bolsas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, convocadas polo Ministerio de Educación. A solicitude realizarase telemáticamente a través de Sede Electrónica ata o 13 de setembro. Unha vez cumprimentada a solicitude telemática, débese imprimir e presentar no centro educativo xunto coa documentación requirida. Máis información neste enlace e no Departamento de Orientación. |
|||
Comunícase ás familias que foron admitidos todos os alumnos/as que fixeron solicitude de admisión de praza para o noso IES no prazo habilitado para tal fin. Deberán formalizar a matrícula entregando a documentación que se lles solicite no mes de xuño. Publicarase o calendario co prazo concreto nesta páxina web. Informamos tamén que as axudas para material aínda non saíron; probablemente, se as datas coinciden coas de anos anteriores, será a partir do 20 de maio. |
|||
En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización de probas de avaliación de diagnóstico para o alumnado de 2º de educación secundaria. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril. Pode atopar máis información neste documento dirixido ás familias. |
|||
En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización de probas de avaliación de diagnóstico para o alumnado de 2º de educación psecundaria. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril. Pode atopar máis información no seguinte documento dirixido ás familias:
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/ad2324_faq.pdf
|
|||
Ábrese o prazo para solicitar as BOLSAS DE CARÁCTER XERAL PARA O CURSO ACADÉMICO 2024-2024 para estudantes que vaian cursar estudos postobrigatorios: Bacharelato, Formación Profesional de grao básico, medio, superior, etc. PRAZO: dende o 19 de marzo ao 10 de maio de 2024 Aínda que o alumnado non saiba con seguridade que ou onde vai estudar, débese solicitar a bolsa igualmente neste prazo. Nesta ligazón pódese obter máis información. |
|||
12/01/2024 08:48
Recentemente a Consellería publicou a convocatoria de probas para obter o título da ESO, dirixida ás maiores de 18 anos. Amplía información no seguinte enlace. |
|||
O martes 3 e o mércores 4 de outubro terán lugar as presentacións cos titores/as dos seus fillos e fillas. Trátase dun primeiro encontro na biblioteca, en que tamén estaremos presentes o equipo directivo e a orientadora, e a seguir irán co titor ou titora correspondente á aula do seu fillo/a. |
|||
Xa se poden asociar á ANPA do IES Nº1. É sumamente aconsellable, xa que obterán descontos nas saídas extraescolares dos seus fillos e fillas ao longo de todo o curso, á parte de estaren informados puntualmente das actividades que se organizan para as familias. Para facelo, deben xuntar o xustificante do pagamento da cota anual única:15 €. Datos da conta: - ABANCA |
|||
Dende o 23 de xuño ao 5 de xullo está aberto o prazo para solicitar a admisión nun ciclo formativo de grao medio para o alumnado que obtivo o título da ESO ou superou a proba de acceso. Dita solicitude realízase a través dunha aplicación web que xera un impreso con instrucións individualizadas para cada alumno/a. Toda a información no seguinte enderezo web. Calquera dúbida, no Departamento de Orientación do centro.
|
|||
Está aberto o prazo para solicitar as bolsas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, convocadas polo Ministerio de Educación e FP. A solicitude realizarase telemáticamente a través de Sede Electrónica dende o 8 de maio ata o 20 de setembro. Unha vez cumprimentada a solicitude telemática, débese imprimir e presentar no centro educativo xunto coa documentación requirida. Toda a información neste enlace.
|
|||
Recementemente publicouse a ORDE do 31 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022/23. O obxectivo é premiar aos alumnos e alumnas de mellor expediente académico nos estudos de Educación Secundaria Obrigatoria. Destinatarios: alumnado que estea proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en ESO e obtivese no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos. |
|||
O 16 de xaneiro abriuse o prazo para presentar as solicitudes de reserva para cursar 1º ESO no noso centro o vindeiro curso, coas seguintes particularidades:
O prazo de solicitudes abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023, ambos incluídos. |
|||
Recentemente publicouse a convocatoria para as probas de acceso a ciclos de grao medio e superior. O prazo de inscrición para as probas de GRAO MEDIO abrangue dende o 27 de febreiro ao 10 de marzo. A proba realizarase o 25 de MAIO. Amplía información no seguinte enlace ou a través do Departamento de Orientación. |
|||
|
|||