Faite socio/a da ANPA!

Xa se poden asociar á ANPA do IES Nº1.

É sumamente aconsellable, xa que obterán descontos nas saídas extraescolares dos seus fillos e fillas ao longo de todo o curso, á parte de estaren informados puntualmente das actividades que se organizan para as familias.

Para facelo, deben xuntar o xustificante do pagamento da cota anual única:15 €.

Datos da conta:

- ABANCA

- ES88 2080 0506 23 3040021027

- Concepto: COTA ANUAL SOCIO + Apelidos e nome do alumno/a + Curso en que se matricula.

A cota de socio é única por familia, polo que no caso de que no centro cursen varios irmáns, ingresarán só 15 €.

Poden enviar o xustificante ao seguinte correo: anpaiestrada@gmail.com

Se o prefiren, tamén poden pasar polo IES. Na administración faráselles a inscrición sen problema.

Poden facerse socios da ANPA en calquera momento do curso, pero convén facelo canto antes, para beneficiarse dos descontos.