Educación física, Novas Educación Física, Traballos Alumnos Edu. Fis.

Xornada de deporte escolar

23-24 Deporte Escolar Bádminton (23-04-24)

Unha representación do alumnado de 3º e 4º ESO do noso centro participou esta mañá na terceira xornada de deporte escolar, dedicada ao bádminton, que organiza a Agrupación de Deporte Escolar da Estrada. No Pavillón Coto Ferreiro déronse cita uns 150 rapaces e rapazas do CPR N.S. Lourdes, o IES Manuel García Barros, o CPI Santa Lucía de Moraña e o CPI Aurelio Marcelino Rey García de ⁠Cuntis.

 

Foto cedida polo IES Manuel García Barros

Pola súa banda, o alumnado de 1º ESO participou o pasado martes 16 no Día da Educación Física, que ten como finalidade visibilizar a importancia da actividade física na idade escolar, xunto co alumnado doutros colexios e institutos da localidade. Cada centro participante tiña asignado un espazo nas prazas e rúas para desenvolver os xogos e actividades e ás 12h reuníronse todos na praza do Concello. 

Campionato zonal de bádminton 23

O martes 23 de maio o alumnado do noso centro participou nunha xornada deportiva escolar de bádminton con centros da comarca no pavillón Coto Ferreiro da Estrada dentro do programa XOGADE (xogos galegos deportivos en idade escolar).

Día da Educación Física na rúa

O Colexio de Educación Física e Deportiva estableceu o Día da Educación Física na rúa para facer visible a súa importancia e reclamar máis peso da materia no horario lectivo.

A Estrada, que levaba uns anos celebrando a cita en pequeno formato, saíu este martes 25 á rúa ao grande. A xornada estivo organizada pola Agrupación Deporte Escolar e nela participaron máis de catrocentos alumnos e alumnas de todos os colexios e institutos da Estrada. Despois da cita da Coruña, a da Estrada foi a máis masiva de Galicia.

22-23 dia da educación física na rúa

Cross 22-23

O pasado 12 de xaneiro celebrouse na Estrada o Campionato zonal de Campo a través, no que participaron alumnos e alumnas dos centros de secundaria e de primaria da Estrada (IES Nº1, García Barros, Virxe de Lourdes , Cabada Vázquez, Villar Paramá, CEIP de Oca, CEIP do Foxo, Pérez Viondi e CEIP de Figueroa), de Cuntis (Don Aurelio), de Moraña (Santa Lucía) e de Valga (Ferro Couselo).

A proba foi organizada polo Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra, coa iniciativa da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. O alumnado do IES Nº1 participou nas categorías infantil e cadete, tanto masculino como feminino, conseguindo un total de 3 medallas e 7 diplomas.

Parabéns a todos e todas!

22-23 cross

Criterios de cualificación - Educación Física

2011-12 Excursión á Neve

11-12 neve 2

 

11-12 neve

Foliada, 2019

Sin título

Acrosport, 2019

18-19 acrosport iesn1  (37)

ALUMNOS DE 3* E 4* PARTICIPAN NA COMPETICIÓN ZONAL DE BÁDMINTON

Alumnos que participaron na xornada deportiva de bádminton o martes 14 con alumnos do García Barrros, Inmaculada Concepción de Silleda, Laxeiro de Lalín e Santa Lucía de Moraña

badmintong 2019

CROSS 2018

O alumnado do noso IES participou o pasado 5 de decembro na carreira pedestre escolar nas categorías  infantil e cadete, masculino e feminino.

Destacaron as actuacións de Valeria Palomba, segunda na categoría cadete e Irene Aguirre en categoría infantil

 

 18-19 CROSS  (7)

Foliada de Nadal 2015

15-16 foliada nadal  (55)

Foliada de Nadal 2015

15-16 foliada nadal  (55)

2014-15 Excursión a neve, Leitariegos

14-15 neve leitariegos 99

Foliada de Nadal, 14-15

14-15 foliada nadal (4)

Foliada de Nadal

EQUIPOS COMPETICIÓN FÚTBOL

COMEZ A LIGA INTERNA DE FÚTBOL.

A CONTINUACIÓN TENDES OS EQUIPOS INSCRITOS PARA XOGAR A LIGA  NOS RECREOS

                                    3º - 4º E. S. O.

PRAZO INSCRICIÓN FUTBOL 4 X 4

01/10/2012 19:16
09/10/2012 19:16

COMPETICIÓNS DEPORTIVAS

COMPETICIÓN FUTBOL

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR QUE SE REALIZA NOS RECREOS.

 

NO ADXUNTO TEMOS OS NOMES DOS EQUIPOS E OS CUADROS COS PARTIDOS GANADOS

 

A CONTINUACIÓN TENDES OS PARTIDOS DA VINDEIRA SEMANA

3º -  4º   E. S. O.

Martes 7 de febreiro:  
        
Celta – Kellogs


Xoves 9 de febreiro:  
        
Dream Team –Challenge Accepted

1º -  2º  E. S. O.


Luns 6 de febreiro:  
        
Os Imbatibles  – Neo Spiritu


Mércores 8 de febreiro:  
        
Os estradenses  – Balones del cielo


Venres 10 de febreiro:  
        
Os imbatibles  – Os raios

 

Distribuir contido