Así nacen as historias

O pasado 4 de decembro o alumnado de 1º ESO participou nun obradoiro de creación literaria impartido por Raquel Queizás, contadora de historias, actriz, titiriteira e filóloga que se achegou ao noso centro grazas a un proxecto impulsado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) en colaboración coa Deputación e co noso Departamento de Lingua Galega.

Xa non existe a Era Superficial no planeta Terra. Tras o Gran Cataclismo, a humanidade sobrevive soterrada nas Colmeas, estruturas elípticas con minúsculos cubículos hexagonais onde dormen os seus habitantes. Iolanda é unha adolescente que, xunto a súa filla e o seu curmán, vive nunha destas Colmeas baixo a tiranía da Raíña e a escaseza de auga, un ben que se converteu no artigo máis prezado do mundo e polo que a xente é mesmo quen de matar. Iolanda sábeo: a estraña aparición dun cadáver desencadea unha serie de acontecementos que farán que xa nada volva ser o que era.

Raquel Queizás mergullounos neste mundo distópico creado por Antía Yáñez na súa novela Be water (Cuarto de Inverno, 2019) a través de diversas dinámicas nas que os rapaces e as rapazas representaron os diferententes estamentos dunha sociedade moi desigual e patriarcal dun mundo futuro, ou xa presente?, no que a escaseza de recursos naturais, como a auga, cuxo control dá o poder aos poderosos.