#Aquítaménsefala! Na Estrada tamén se fala!

O alumnado do IES Nº 1 súmase á campaña “Aquí tamén se fala galego” xunto a outros 150 centros educativos nunha iniciativa cultural cooperativa que se vai converter na maior campaña cultural e de dinamización lingüística realizada activamente pola mocidade galega.

#aquítaménsefala é unha iniciativa estudiantil, con accións directas na contorna do alumnado, que naceu con grande éxito no IES Rafael Dieste da Coruña para promocionar o uso do galego no ámbito comercial e empresarial e rachar os prexuízos que perviven sobre o idioma.

Os mozos e as mozas achegaranse nas próximas semanas aos establecementos, empresas e todo tipo de negocios da vila e as parroquias da Estrada para que se sumen a esta iniciativa co único compromiso de mostrar publicamente que aquí tamén se fala galego. Dende o IES Nº 1 faremos difusión do voso apoio a través das nosas redes e dos medios de comunicación para unírmonos aos milleiros e milleiros de establecementos que se van sumar en toda Galicia.   

A cafetería do noso centro con Rosa á fronte, a Copistería O Copión, a Librería Durán e Confecciones Loigar son os primeiros establecementos en sumarse ao #quítaménsefala porque na Estrada tamén se fala.