Helena Castaño Pazos gaña o I Certame Artístico ‘Cousas’

Non hai mellor día que o 17 de maio para recibir este tipo de novas. Esa foi a data na que coñecemos que o traballo "Cunetas", de Helena Castaño Pazos, alumna de 4º ESO do noso centro, resultou gañador do I Certame Cousas, que convocou o Grupo Ekos do IES Félix Muriel de Rianxo para homenaxear a figura de Castelao, de cuxas "cousas" toma o nome, e que procura impulsar a creación artística da mocidade en galego nunha proposta que combina texto e debuxo. A entrega de premios terá lugar o venres 21 de xuño.

O xurado apreciou na obra de Helena a proximidade ás "Cousas" de Castelao, tanto pola temática da memoria histórica como pola estilización do seu debuxo. Ademais, na súa acta de resolución, o xúri  valorou a súa brevidade como "perfume condensado nun frasco". 

Cunetas by Román Cerqueiro Landín

Moitos parabéns para ti, Helena, e para a todos os mozos e mozas premiad@s e participantes, que foron 68, dos que resultaron finalistas 30.

Moitas grazas ao xurado polo seu traballo e ao colectivo estudantil convocante pola súa iniciativa, que axuda a difundir e actualizar a obra e a figura de Castelao. 

A nova no Nós Diario e en La Voz de Galicia.