Información sobre a excursión a Lisboa

Convocamos ás familias a unha reunión informativa sobre a saída didáctica a Lisboa do alumnado de 3º e 4º ESO de Lingua portuguesa:

  • Data: martes 23 de abril.
  • Hora: 18;30.
  • Lugar: Biblioteca.

Así mesmo, nas seguintes ligazóns podende descargar os documentos informativos que parte do alumnado xa levou impresos  para as casas:

Lembren a documentación oficial que é necesaria para realizar esta saída:

  • DNI en vigor: o alumnado que ten o DNI caducado debe actualizalo. O profesorado acompañante levará unha copia dos DNI de todo o grupo.
  • Autorización dos pais ou titores legais: cubrir e entregar o permiso do IES.
  • Permiso para saída de menores residentes en España ao estranxeiro: este permiso debe ser cumprimentado por un dos proxenitores ante a Garda Civil ou a Policía Nacional. Facer sobre 30 días antes da viaxe.
  • Tarxeta Sanitaria (SERGAS) e Tarxeta Sanitaria Europea: a TSE é gratuíta. Pódese solicitar por internet https://cutt.ly/x8DursJ ou na oficina da Seguridade Social da Estrada (Ambulatorio Vello). Hai que presentar o DNI e a tarxeta da Seguridade Social da que son beneficiarios. No momento facilítase un certificado substItutivo e a tarxeta chega ao domicilio nunha semana.
  • Carne Xove (non obrigatorio): quen o teña, pode dar para algún desconto.

 

Reunión familias Lisboa 23-04-24 de Román Landín

AdxuntoTamaño
Autorización_IES_Lisboa.pdf543.9 KB
Convocatoria_reunión.pdf274 KB
Informacións_adicionais.pdf276.58 KB
Programa_26-04-24.pdf291.14 KB