EXAMES DE PENDENTES

Exame 1ª parte de pendentes de ESO e BAC

 

LUNS 15

MARTES 16

MÉRCORES 17

XOVES 18

VENRES 19

 

8:30

10:10

 

MAT

(SALÓN DE ACTOS)

MÚSICA

(MUS)

 

DEBTECI

DEB ART I

(DEB.TEC)

 

FIS e QUIM

(LAB ANAL QUÍM)

 

LATÍN

(AULA DEP LAT)

 

 

10:30

12:10

TECNOLOXÍA/

TICSI

(INF)

FRANCÉS/

FRI 1ªL

 (DES 5)

L. GAL

 (SALÓN DE ACTOS)

L. CAST/LIT UN

(SALÓN DE ACTOS)

INGLÉS

(SALÓN DE ACTOS)

12:30

14:10

XEOG e Hª

(SALÓN DE ACTOS)

 

 

 

 

Lugar do exame: As aulas indicadas entre paréntese.

AVALIACIÓN:  LUNS 22  DE  XANEIRO. 1º RECREO. AULA ABALAR 2

 O ALUMNADO DE 2ºBAC QUE ESTÉ A FACER MATERIAS DE 1º DE BAC. POR CAMBIO DE OPCIÓN OU OPTATIVAS TIPOI E II

SIMULTANEAMENTE, AVALIARASE  TAMÉN NESTE DÍA.

 ENTREGA DE  NOTAS: MARTES 23 DE XANEIRO

 

XOVES, 21 DE DECEMBRO DE 2017

 

Inicio das vacacións de NADAL

O horario de saída do alumnado será ás 12.00 h. A esa hora será recollido polo transporte escolar. 

 

SEGURIDADE INFORMÁTICA

 

O alumnado de TIC II fixeron un  traballo de investigación sobre seguridade informática no IES Moncho Valcarce repartidos nos seguintes grupos:

  • Elaboración e interpretación da enquisa: Daniel Anidos Meizoso, Diego Orejas Lourés e Noelia Santalla Penabad.
  • Presentación sobres seguridade nas Redes Sociales: Lucía López Román, Xoel Vilariño Almeida, Eugenia María Villar Seijo.
  • Triptico seguridad informática: Xeila Adega Bouza, Manuel Fernández Alonso e Judit Goti Hermida.
  •  Cartel: Marcelo Blanco Ponte e Pablo Díaz Ruíz.

Trítico "Seguridade informática"

Presentación "Seguridade informática" en pdf

CONVIVIUM

 

O día 20 de decembro o alumnado de Latín e Grego dos IES Moncho Valcarce e do Castro da Uz reuníronse para celebrar un "convivium" (comilona estilo romano) seguindo as indicacións de Apicio, "Chef" romano do século I, quen nos deixou o único libro de receitas da cociña romana da Antigüedade do que temos noticias.

 

OBRADOIRO DE CINE

 

Este martes 19 de decembro o alumnado de 4º ESO de Educación Plástica e de 1º BACH de Debuxo Artístico , participaron na  actividade “O cine á aula”  programada polo concello de As Pontes. Recibiron  a visita de Manolo Gómez, produtor  e director dos filmes “ O bosque animado”, “Soño dunha noite de San Xoán”  e  “Espírito do bosque” , e de Suso Cubeiro, ilustrador e deseñador. A través de varios documentais, foron explicando  os diferentes procesos para facer unha longametraxe de animación dixital,  dende a idea inicial ata a súa comercialización.

VISITA Á CENTRAL TÉRMICA DE ENDESA E AO LAGO

 

O 13 de decembro de 2017 o alumnado de tecnoloxía de 1º de BAC fixo unha visita á Central Térmica de Endesa de As Pontes para coñecer "in situ" o seu funcionamento. É unha actividade complementaria desta materia xa que ao longo deste trimestre traballaron o funcionamento das centrais térmicas. Para rematar visitaron o lago.

VISITA AO LABORATORIO DE ENDESA DO ALUMNADO DO CICLO DE LABORATORIO

21-12-2017

Actividade complementaria do módulo de "Ensaios físicos":  Descrición dos tipos de ensaios  físicos  máis frecuentes que se realizan nunha central térmica.  Observación e funcionamento dos equipamentos  empregados nos ensaios destrutivos  e na análise metalográfica. Descrición  e realización “in situ” de ensaios non destrutivos.

OBXECTIVOS: Achegar ao alumnado á realidade dun laboratorio industrial de referencia.  Complementar  e actualizar a formación impartida na aula mediante o coñecemento de equipamentos e técnicas de última xeración.  Desenvolver habilidades e destrezas na recollida de información e  na realización de informes.

CONCLUSIÓNS: A visita desenvolveuse con total normalidade e puntualidade e seguindo as pautas preestablecidas . O persoal de ENDESA atendeunos con gran amabilidade,  explicando e respondendo,  en todo momento,  ás cuestións formuladas polo alumnado con gran interese e detalle.  Os alumnos seguiron con gran interese e participación, recollendo  a información aportada para a elaboración do informe posterior.

 

ENQUISA SEGURIDADE INFORMÁTICA

 

O alumnado de TIC II van a facer un  traballo de investigación sobre seguridade informática no IES Moncho Valcarce e para elo van realizar unha enquisa ao alumnado de secendaria.

 

 A continuación tede.s unha guia de PRIVACIDAD Y SEGURIDAD EN INTERNET

VISITA A FUNDACIÓN ABANCA E ROTEIRO POLAS MENINAS DE CANIDO

 

O día 30 de novembro o alumnado de 3º de ESO pasou una mañá moi artística en Ferrol, visitando a exposición Sonoro Empeño en A Fundación e  os murais das Meninas no barrio de Canido.

Na exposición coñecemos  a relación entre as artes plásticas e a música, e como se poden asociar  estilos musicais e pictóricos. Ademais  creamos a nosa propia obra.

A visita a Canido  estivo algo pasada por auga, pero iso non nos impediu descubrir un barrio que encheu de arte as súas fachadas interpretando o famoso cadro de Velázquez.  Había moitos murais,  e todos de estilos moi diferentes. Algún incluso  cobraba vida gracias a una aplicación de móbil.

 

Foi divertido dar una clase de arte así, e pasar a mañá en grupo, paseando por Ferrol!!!

 

RECICLADO DE PLÁSTICOS

 

Reciclado de pláticos realizado polo alumnado de 3º de ESO en Tecnoloxía

 

Distribuir contido