Física e Química

Departamento de Física e Química/Dpto. Químico 2017-2018

Profesor/a

Cargo

Francisco da Silva Vello

 Titor Ciclo de Laboratorio

Nieves Sabín Pita

 Xefa de Estudos

 Bibiana Pacios Penelas

Xefa de Departamento

 

Programación de Física e Química 2017-2018

Plan de pendentes

CHARLA: O PLAN DE VIXILANCIA AMBIENTAL DO LAGO

Endesa  Generación  explica o Plan de vixilancia ambiental do lago.

 O Responsable de Medio Ambiente do Centro Mineiro centrouse no plan de mostraxe da auga do lago.
Dentro das actividades complementarias contempladas para o alumnado do ciclo superior de Laboratorio de Análise e Control de Calidade do IES Moncho Valcarce, o módulo de Mostraxe e Preparación da Mostra contaba coa colaboración de Ramón José Valle García, Responsable  de Medio Ambiente do centro mineiro de Endesa nas Pontes, quen explicou, polo miúdo, os requirimentos dispositivos e normativos que integran o Plan de Vixilancia Ambiental do lago, así como os resultados da aplicación dos mesmos dende a fase de enchido até a actualidade.
Durante as máis de dúas horas da charla e coloquio, tratáronse, entre outros,  aspectos centrados no plan de mostraxe das augas do Eume e do lago, das modificacións introducidas no plan ambiental, do evoluír dos indicadores utilizados para estabelecer a calidade da auga, e das singularidades do proxecto.
A Comunidade Educativa do IES Moncho Valcarce queremos facer público o noso agradecemento a Endesa Generación S.A. As Pontes pola súa atención e colaboración no proceso de formación do noso alumnado, que se ven concretando, tamén, dende fai anos, na realización das prácticas regulamentarias ou FCT durante uns tres meses.

Distribuir contido