Inglés

Inglés e Francés.

Departamento de Inglés 2018-2019

Profesor/a

Cargo

Francisco José Pérez Saavedra

 Xefe de departamento

Pilar Ramudo Almeida

Titora 1º ESO A

Alejandra Sobrido Julías 

 Coordinadora Sección Bilingüe

María Rodríguez Sixto

 Titora 4º ESO B

 

Programación inglés 2018-2019

 

CLASE LÚDICA DE INGLÉS

 

O pasado luns 13 de abril, estivo no noso instituto Luke que é de Liverpool; a editorial Burlinghton Books, ofreceunos a posibilidade de que Luke lles impartira ó noso alumnado de 1º ESO, unha clase na que lles ensinou diversos aspectos da cultura británica dun xeito lúdico e totalmente interactivo, xa que utilizou xogos e concursos para conseguir que os rapaces e rapazas se implicaran totalmente e dun xeito activo e divertido nesta actividade ó mesmo tempo que adquirían novos coñecementos sobre Gran Bretaña e as súas costumes.


                                               UNHA ACTIVIDADE PARA REPETIR!!!

CONTOS TRADICIONAIS DO MUNDO

 

Contacontos inglés-galego

Grazas á inicitiva e á organización dos departamentos de inglés e de galego tivemos a oportunidade de escoitar, no noso centro, contos tradicionais de todo o mundo.  Entre outros narraron: "El hombre busca su muerte", "Muller esquelete", "Tres amantes", "El lagarto", "Manolo", ... Tim contábaos en inglés e Charo facía a tradución simultánea ao galego.  Foi moi entretido e divertido, e... ademais, sen darnos conta fixemos un exercicio de "listening"-escoita.

Nesta actividade participou todo o alumnado de educación secundaria. Á primeira sesión asistiu o primeiro ciclo da ESO e á seguinte o segundo ciclo, en total 148 alumnos/as.

 

Distribuir contido