Informacións anteriores

Comezo Curso 2013 - 2014

A presentación de comezo de curso terá lugar o luns día 16 de setembro ás 12:00 horas. O alumnado irá á aula que lle corresponda, de acordo co indicado nos taboleiros de información da recepción.,

O alumnado de 1º da ESO irá primeiramente ao salón de actos e de alí será acompañado polas súas titoras ás súas aulas.

Haberá servizo de transporte escolar, tendo en conta que os autobuses chegarán ao centro ás 12:00 horas e iranse ás 13:30 horas cando rematen as presentacións.

O martes día 17 de setembro comezarán as clases ás 08:30 horas.

Anuncio contratación servizo de cafetería

Anunciase inicio do procedemento para a contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería do IES Moncho Valcarce. As condicións e documentación necesaria poden retirarse na oficina do centro ou descargarse das seguintes ligazóns. O prazo para presentar ofertas remata o día 16 de xullo de 2013.

 

Folla de condicións

Aclaracións á folla de condicións

Axudas para formación en linguas estranxeiras

 

Informamos da publicación da Orde do 18 de marzo de 2013 (DOG 23/03/2013), pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2013, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. 

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 23 de marzo e remata o día 22 de abril.

Nos seguintes arquivos poden consultarse os detalles desta convocatoria:

Convocatoria DOG

Cartel informativo

Cálculo puntuación

Pódese atopar máis información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" para tramitar as solicitudes na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.

Eleccións ao Consello Escolar 2012

A continuación poden consultarse varios arquivos con diversa información sobre o proceso das eleccións ao Consello Escolar do centro que terán lugar o día 29 de novembro.

Calendario do proceso electoral

Convocatoria sector nais e pais

Información para o alumnado

Candidatura nais e pais

Candidatura alumnado

Papeletas para a elección

Novo Consello Escolar

 

Circular comezo de curso 2012-2013

Na seguinte ligazón pode consultarse a Circular de comezo de curso que se entregou na xuntanza de nais/pais cos titores.

-Boletín informativo comezo de curso

Distribuir contido