Francés
Departamento de Francés 2020-2021
Profesorado |
Cargo |
Beatriz de la Fuente Martínez |
Xefa de departamento |
Alfonso Fraga Pérez |
Titor 3º ESO C |
VIAXE CULTURAL A PARIS
UNHA PEQUENA MOSTRA DUNHA GRAN VIAXE!!!!
PROGRAMA DA VIAXE
SAÍDA : Martes, 16 de xuño.
HORA DE SAÍDA: 8:40h.
CHEGADA: Martes, 23 de xuño.
HORA DE CHEGADA: arredor da unha do mediodía.
ALUMNADO DE FRANCÉS : 3ºESO, 4º ESO, 1º BAC e 2º BAC.
PROFESORADO: Marisol López Janeiro e Jesús Máiz San Martín.
16 de xuño: viaxe e chegada a POITIERS.
17 de xuño: Visita ao parque de futuroscope. Noite en París.
18 de xuño: Visita de monumentos emblemáticos, subida a Tour Eiffel e paseo en bateau-mouche.
19 de xuño: Seguimos descubrindo París e visita a Le Louvre.
20 de xuño: Eurodisney
21 de xuño: Visita a Montmatre e outros rincóns da Cidade da Luz.
22 de xuño: Viaxe de regreso.
23 de xuño: Chegada Ás Pontes.
A axencia de viaxes Bárbol para colaborar co alumnado que vai de visita cultural sorteou dous cofres vip.
Este é o número agraciado no devandito sorteo.
Parabéns ao posuidor ou posuidora !!!!
BOA VIAXE E FELIZ RETORNO!!!!!
A CÁPSULA DO TEMPO
"A cápsula do tempo"
Elisa, alumna en prácticas no departamento de francés, ideou esta orixinal actividade e levouna á práctica co alumnado de 3º e 4º da ESO.
O nome "Cápsula do tempo" débese a que o alumnado terá que escribir unha carta dirixida ao "eu futuro" cando remate os seus estudos no instituto.
O obxectivo da devandita actividade é practicar os verbos en futuro (parte do temario destes cursos) dun xeito lúdico e moi motivador. Coa axuda do dicionario e da propia Elisa escribiron libremente sobre o seu futuro e o que cren que pode pasar durante este tempo.
Ao rematar a sesión, cada curso deposita as súas cartas nas caixas que serán custodiadas pola dirección do centro e serán recuperadas cando rematen os seus estudos.
PREMIO DA VIAXE CULTURAL A FRANCIA
O alumnado de francés do IES Moncho Valcarce van realizar unha viaxe cultural, en xuño, a Francia. Para recadar fondos sortearon un Cofre Vip nun Spa, da súa elección, en distintas comunidades (inclúe estancia dunha noite e tratamento para dúas persoas). O sorteo celebrouse o pasado venres, 27 de febreiro, co sorteo da ONCE. A agraciada resultou ser unha alumna deste centro: Eugenia Mª Villar Seijo.
Parabéns á gañadora!!!!
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS: DPTO. FRANCÉS
LE TOUR DU MONDE EN 80 JOURS
O martes, 25 de novembro, todo o alumnado de francés (dos distintos cursos, dende os de 1º de ESO ata os de 2º de BAC) asistiu no Cine Alovi a unha obra de teatro en francés. "Le tour du monde en 80 jours" de La Bohème Théâtre (plataforma artística que produce e representa espectáculos de teatro en francés con contido pedagóxico, docente e lúdico co obxectivo de ofrecer un servizo de reforzo e á súa vez unha ferramenta de aprendizaxe do autor, xénero e idioma que se representa.)
Foi representada a obra maestra de Julio Verne "A volta ao mundo en 80 días".
