Bioloxía e Xeoloxía

Departamento de Bioloxía e Xeoloxía 2017-2018

 

Profesor/a

 Cargo

 Juana Pardo Iglesias

Xefa de departamento

Ánxela Mª Martínez Cortizas

 Titora 1º ESO B

Patricia Martínez Leyenda

 Titora 2º ESO C

 

Programación Bioloxía e Xeoloxía 2017-2018

 

CHARLA SOBRE O UNIVERSO

 

                                             

 

O día 3 de febreiro tivemos no Centro unha conferencia sobre o Universo, organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

Contamos coa presencia de Paulino Gasalla, responsable do Programa "Coñecendo o Universo" da Sociedade Galega de Historia Natural.

A activide foi dirixida aos alumnos de 1º de ESO de Bioloxía e Xeoloxía e 1º BAC de Ciencias. A charla dividiuse en dúas partes, nas que se foron desenvolvendo contidos de astronomía, información sobre os planetas, as estrelas, cometas, as galaxias,....

1ª Parte.- Cun programa informático, realizouse un percorrido polo ceo correspondente á nosa latitude. Comezando por situar a estrela Polar axudadeos, na súa localización, pola Osa Maior, simulouse o que observaríamos en 24 horas nesta época do ano. Continuando coas principais constelacións zodiacais como o Touro, os Xemelgos. Vimos as Pleiades, a Nebulosa de Orión, ou estrelas destacadas como Sirio.

2ª Parte.- Unha viaxe espacial polo noso Sistema Solar e máis aló del. Observamos as características dos distintos planetas e satélites. Vimos a Xúpiter e as súas lúas, mares e cráteres da Lúa, monte Olimpo en Marte,...

Deixamos a nosa galaxia, A Vía Láctea, e percorremos outras como a Gran Galaxia de Andrómeda. Rematouse cunha rolda de preguntas, ás que o conferenciante deu resposta; satisfacendo así as dúbidas ou curiosidades sobre o Universo, do alumnado participante, que mostrou moito interese polo tema.

 

ALUMNADO DE 1º BAC VISITA A DOMUS.

 


Preme para ver "Disección de ollo e corazón

O xoves 7 de xaneiro do 2016, o alumnado de Bacharelato da materia de Anatomía Aplicada, acudiu ao Museo da Domus da Coruña, para a realización de diseccións de corazón e de ollo de Porco en directo para observar como funcionan estes órganos . Esta actividade está incluída nos talleres para escolares de “Laboratorio aberto”, na que o científico é o alumno. O alumnado puxo as luvas e asomouse á anatomía dos citados órganos.

 

CHARLA SOBRE "EXPLOTACIÓN ANIMAL"

 

O xoves 16 de Abril, todos os alumnos de 2º ESO do Centro tiveron unha charla, no Laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía, sobre a “Explotación Animal” que se está producindo en zoolóxicos e acuarios.

Programouse como actividade complementaria ao temario de Ciencias da Natureza e foi impartida por unha profesora do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, para que os rapaces tiveran unha visión diferente: a animalista.

Durante a sesión tratáronse puntos tan significativos como:

 > O que ofrecen os zoolóxicos e acuarios aos animais.

 > Consecuencias que se provocan ao vivir nesas condicións.

 > Observacións a través de vídeos de distintos comportamentos antinaturais que se desenvolven nos animais.

 > Coñecer a situación, localización e tipos de zoolóxicos e acuarios en Galicia.

 Se lles deu a coñecer distintas páxinas webs onde recadar e ampliar información sobre esta temática.

 Os alumnos, grazas á presentación realizada, acadaron unha visión máis completa do trato que se lles está a dar nestes recintos aos animais.

 A valoración por parte dos rapaces foi positiva ao igual que nos anteriores anos que se ten realizado, polo que tentaremos repetila nos vindeiros.

 

Preme na imaxe

 

"TODO UN MUNDO DE ENERXÍA"

 

 

O 3 de Marzo os alumnos de 2º de E.S.O. foron de visita á Central Térmica da nosa localidade. A actividade programouse dende o  Departamento de Bioloxía e Xeoloxía coordinado co de Tecnoloxía dentro do Programa Educativo “Todo un mundo de enerxía” de Endesa Educa.

A finalidade era dar a coñecer o funcionamento dunha Central Térmica, os combustibles que utiliza e o impacto que ten sobre o medio ambiente.

Os rapaces puideron ver de preto os lugares onde se xera a enerxía eléctrica e se controla a súa distribución.

Despois de ter observado a maqueta de todo o complexo mineiro-eléctrico, pasaron pola zona de Turbinas, Sala de Control e as inmediacións do Parque de Carbón, Torres de Refrixeración e Subestación.

   

     

 A visita rematou no miradoiro do Tesouro, onde viron unha antiga rotopala excavadora. Explicouselles o proceso de recuperación ambiental da mina, hoxe convertida en lago, e da escombreira.

O alumnado valora positivamente a actividade, na que se tratou asemade de que tomaran conciencia sobre o valor da enerxía, facendo un uso racional dela, para unha mellor calidade de vida.

                                                                                                

Aula virtual de Bioloxía e Xeoloxía

Para acceder o aula virtual pincha: "Bioloxía mais aló da aula"

Os alumnos/as de 1º de bacharelato matriculados na materia de Bioloxía e Xeoloxía xa poden participar na súa aula virtual "Bioloxía mais aló da aula" nela podedes consultar:

 

  • As presentacións didácticas da clase (formato power point ou pdf)
  • Prácticas de laboratorio (formato pdf)
  • Datas dos exames da materia.
  • Fotos ou vídeos das explicacións da clase.
  • Exercicios propostos polo profesor para que podas autoavaliar os teus coñecementos sobre os temas.

 

Distribuir contido