Reserva de praza/Matrícula

Prazo de admisión de matrícula

Prazo de solicitude de admisión para cursar ESO e bacharelato o próximo curso 2020-2021

Do luns 2 ao venres 20 de marzo (Prazo interrumpido o 13-3-2020 pola declaración do estado de alarma)

Admisión e matrícula

 

Admisión alumnado 2020-2021

Proceso de admisión e matrícula de alumnado de ESO e bacharelato para o próximo curso 2020-2021

Non ten que facer ningún trámite de admisión o seguinte alumnado (xa ten reservada praza):

- O do propio IES Moncho Valcarce.

- O de 6.º curso de Educación primaria dos centros adscritos ao IES Moncho Valcarce (se reservou praza para o IES Moncho Valcarce en febreiro):

- CEIP Plurilingüe A Magdalena (As Pontes)

- CEIP Plurilingüe Santa María (As Pontes)

- CEIP O Marbán (As Somozas)

- CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro (A Capela)

- CEIP de Xermade (Concello de Xermade; Lugo)

- O de 4.º do IES Plurilingüe Castro da Uz que reservou para 1.º bacharelato

 

 Presentación de solicitudes de admisión

 - Alumnado non adscrito ao IES Moncho Valcarce que queira cursar:

                - 1.º, 2.º, 3.º ou 4.º ESO.

                - 1.º ou 2.º bacharelato (modalidades de Ciencias e de Humanidades e ciencias sociais).

 - Prazo: do 1-marzo-2020 ata o 20-marzo-2020, ambos inclusive.

Novo prazo: do luns 11 ao luns 18 de maio, ambos inclusive

Quen non presente a solicitude neste período deberá facelo polo procedemento de admisión fóra de prazo (Inspección educativa de Ferrol)

Presentarase unha única solicitude de admisión na secretaría do IES Moncho Valcarce

Horario de atención ao público (secretaría do Instituto): de luns a venres, de 08.30 a 14.10 h. Teléfono 881 93 00 56.

Impreso de solicitude: Anexo II da Orde do 12-3-2013

Achegar copia do DNI da alumna ou do alumno solicitante

 

Resolución provisional e definitiva de alumnado admitido e non admitido

 - As listas provisionais do alumnado admitido e non admitido publicaranse antes do 25 de abril de 2020.

Novo prazo: antes do 9 de xuño

Poderán ser obxecto de reclamación ante o consello escolar do centro no prazo de 3 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

 - As listas definitivas de alumnado admitido e non admitido publicaranse antes do 15 de maio de 2020.

Novo prazo: antes do 26 de xuño

Poderán ser obxecto de recurso de alzada ante a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo de 1 mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

 

Normativa aplicable

DOG 26-12-2012. Decreto 254/2012 do 13 de decembro pola que se regula a admisión do alumnado en centros sostidos con fondos públicos.

DOG 15-3-2013. Orde do 12-3-2013 pola que se desenvolve o procedemento para admisión de alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos.

DOG 1-2-2017. Orde do 25-1-2017 que modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

 

Formalización da matrícula polo alumnado admitido

Prazo ordinario: do 25 de xuño ao 10 de xullo.

Novo prazo: do 1 de xullo ao 10 de xullo, ambos inclusive

Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro.

 

Anexo II (impreso de solicitude de admisión)

Postos escolares vacantes 1-3-2020

Orde do 12-3-2013 sobre admisión de alumnado (DOG 15-3-2013)

Orde do 25-1-2017 que modifica a Orde do 12-3-2013 (DOG 1-2-2017)

Distribuir contido