Informacións da dirección

Circular fin de curso 2013-2014

 

 Na seguinte ligazón pode consultarse a Circular de fin de curso que está sendo entregada ao alumnado nestes días:

 

Circular fin de curso 2013-2014

Dani Castro ao Campionato de Europa Cadete de Tiro con Arco

 

O alumno de 4º ESO B Daniel Castro Barcala xa prepara a súa participación no Campionato de Europa de Tiro con Arco na categoría de cadete, despois de vencer o pasado Domingo día 27 de abril na primeira tirada da Liga da Federación Española celebrada en Madrid, onde a súa irmá Cristina, alumna de 3º ESO A, tivo tamén unha destacada actuación.

Dende aquí noraboa aos dous e moita sorte!!

 

 

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras (Xunta de Galicia)

Informamos da publicación da Orde do 13 de marzo de 2014 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2014, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

O prazo para a presentación de solicitudes será do 28 de marzo ata o 28 de abril (incluído)

 

Pódese atopar máis información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" para tramitar as correspondentes solicitudes na páxina web:

http://www.edu.xunta.es/axudasle

Becas Inmersión Lingüistica Inglés (MECD)

 

Informamos da Resolución de 18 de febreiro de 2014, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan becas para a participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España, destinadas a estudantes de Bacharelato, de Grao Medio de Formación Profesional, de Artes Plásticas e Deseño, de Ensinos Deportivos, de Ensinos profesionais de Música e Danza e de Idiomas de Nivel Intermedio e Avanzado. 

Serán requisitos necesarios para optar a estas becas: 

a) Ter nacido entre o 1 de xaneiro de 1994 e o 31 de decembro de 1997 e estar matriculado no curso 2013-2014 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos: Bacharelato, Ensinos profesionais de música e danza, Grao medio de Formación Profesional, Grao medio de artes plásticas e deseño, Grao medio de ensinos deportivos e Ensinos de idiomas de nivel intermedio ou avanzado. 

b) Obter no curso 2013-2014 a condición de becario do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. 

c) Todos os solicitantes deberán acreditar ter totalmente aprobado o curso inmediato anterior, cunha nota final mínima de 7 na asignatura de inglés. 

d) Estar situado nun lugar da orde de prelación de solicitudes que lle permita a obtención dunha das becas convocadas. 

Cuantía da beca.

 1. A cuantía das becas ascenderá a un máximo de 900 euros que se se aboarán directamente á/s empresa/s que resulte/n adxudicataria/s a este efecto polo Ministerio. A adxudicación da beca dará lugar á asignación dunha praza para participar na actividade. Para completar o prezo total do curso os alumnos aboarán necesariamente 100 euros á empresa que resulte adxudicataria do concurso. 

2. Non se concederá cuantía algunha en concepto de traslado do alumno desde o seu domicilio ao centro de destino nin desde este a o seu domicilio, sendo de conta do alumno devandito traslado.

O prazo para a presentación de solicitudes remata o 2 de abril. 

Máis información

 

 

 

Enquisa para a EOI Ferrol-Sección As Pontes

Por favor, enche a seguinte enquisa se tes pensado matricularte na Escola Oficial de Idiomas - Sección As Pontes no vindeiro curso académico 2014/2015 (preme na imaxe). ENQUISA AS PONTES

Becas High School

Informamos que a Fundación Barrié e a Fundación Amancio Ortega convocan a quinta edición do Programa Internacional de Becas High School, Un ano académico en Estados Unidos, dirixido a alumnado cursando 4º de ESO nun centro académico de Galicia no momento da solicitude. Os estudiantes seleccionados tenrán a oportunidade de cursar en EEUU estudios equivalentes a 1º de bacharelerato (Grade 11 no sistema de Estados Unidos).

Prazo de inscrición:

4 de outubro de 2013 ás 12:00 horas ata o 18 de novembro de 2013 ás 20:00 horas

Máis información en www.becashighschool.org: condicións de inscrición, formulario de solicitude, prazos, contido da beca, así como información complementaria.

Para cualquera aclaración complementaria pode remitirse un correo electrónico a infobecas@becashighschool.org.

Circular familias alumnado usuario comedor

No seguinte en enlace pode consultarse a Circular enviada ás familias do alumnado usuario do comedor:

Circular 02 usuarios comedor

Xuntanza de comezo de curso cos titores/as

O próximo mércores 9 de outubro terá lugar a xuntanza de comezo de curso entre as titoras/es e as familias do alumnado. O horario será o seguinte:

-1º ESO: 18:45 horas.

As nais/pais serán recibidas no salón de actos onde tras a presentación do director e a xefa de estudos quedarán en compañía das titoras e da orientadora do centro.

 

-2º ESO A, 3º  ESO A, 3º ESO B, 3º PDC e 4º PDC: 18:30 horas. 

-4º ESO A, 4º ESO B, 1º Bacharelato A, 1º Bacharelato B, 2º Bacharelato A, 2º Bacharelato B e PCPI: 19:00 horas.

As nais/pais irán ás correspondentes aulas onde estará o titor/a do grupo. Na recepción do centro haberá un cartel indicando as aulas onde terán lugar as xuntanzas. En caso de calquera dúbida ou problema haberá un conserxe e un membro da dirección para axudar.

Circular comezo de curso 2013-2014

No seguinte enlace pode consultarse a circular con toda a información referente a este curso 2013 - 2014 que tamén será entregada ás nais/pais nas xuntanzas cos titores/as o día 9 de outubro.

Circular 01 comezo de curso 2013-2014

Convocatoria de axudas para adquisición de libros de texto curso 2013-2014

Informamos da publicación por parte da Consellería de Educación da orde que regula a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto para o curso 2013-2014 no formato de gratuidade solidaria. Toda a información referente aos requisitos para poder optar ás axudas,lugar e prazos para entregar a documentación requerida e demais detalles da convocatoria pode consultarse na seguinte ligazón:

Máis información axudas libros de texto

Distribuir contido