Actividades

VISITA CULTURAL A MONDOÑEDO

 

PREME NA IMAXE

O alumnado de 2º e 3º da ESO que participa no departamento de Dinamización Lingüística realizamos o pasado xoves, 21 de maio, unha viaxe cultural á Vila de Mondoñedo. Visitaron a Catedral, onde nos explicaron os usos, ademais do relixioso, que tiñan estes templos na Idade Media; a Ponte do Pasatempo, onde os cregos entretiveran á muller de Pardo de Cela que traía a salvoconduto para o seu home, mentres este era axustizado na Praza Maior da Vila, rematando coa resistencia dos nobres galegos aos Reis Católicos. Fixemos tamén a Ruta Literaria de Alvaro Cunqueiro , rematando a visita no Cemiterio Vello, onde está soterrado este e tamén Leiras Pulpeiro, que ten na cabeceira da sepultura  "roseira de rosas roxas", lembranza do poema deste autor, que ten ese mesmo título e que foi musicado, entre outros, por César Morán. 
 

TEATRO PARA CONMEMORAR AS NOSAS LETRAS

 

  

 

O venres, 8 de maio, o alumnado de 4º de ESO e o de 1º de BAC foi á Casa Dopeso a visionar unha obra de teatro "De leria  Castelao". Este é o primeiro acto que o Equipo de Dinamización propuxo para conmemorar o "Día das Letras".                                                        

 

                                                                                                                                                                                                                                             

ENCONTRO CON.......

 

  

 Antonio Manuel Fraga Allegue 

(Premio Merlín 2013)

O alumnado de 2º de ESO  tivo un interesante e  proveitoso encontro co escritor eumés o martes, 24 de marzo. A iniciativa foi do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

 

 

 

ENCONTRO CON MARCOS CALVEIRO

 

 

O martes, 10 de marzo, recibimos a visita do escritor Marcos Calveiro, que nos deleitou coa presentación da súa obra "TODOS SOMOS", que estaba como lectura deste segundo trimestre en 3º ESO e 1º BAC.

Marcos Calveiro

Blog de Marcos Calveiro

 

VISITA CULTURAL A LUGO

 

O mércores, 4 de marzo, o Departamento de Dinamización Lingúística realizou unha viaxe cultural a Lugo con alumnado de 2º e 3º da ESO, que participa nas actividades semanais do departamento.

Visitaron o Centro de Artesanía e Deseño onde viron exposicións de olería, traxe rexional galego e instrumentos musicais. Posteriormente foron ao MIHL onde puideron coñecer a Historia de Lugo, dende a fundación da cidade ata a actualidade.

Imaxes da visita

 

VENRES,13, ENTROIDO 2015

Mañá, venres, 13 de febreiro teremos a celebración do Entroido.

As tres primeiras sesións serán de clase. A continuación teremos a degustación de freixós, agasallo do Concello e de orellas e refrescos por deferencia da ANPA.

Ás 12:30h.  será o inicio do concurso-festival de entroido co seguinte programa.

Programa  entroido 2015

 

 

Dado que o sábado é o día da amizade,dende o Departamento de Dinamización da Lingua Galega farase entrega, a os seus destinatarios, das cartas de San Valentin e dun caravel.

 

 

 

ORIXE PAGÁ DO NADAL

 

  

Dado as datas nas que nos atopamos, dende O Equipo de Normalización Lingüística, investigamos a orixe cristiá do Nadal e a súa procedencia das Saturnalias. Así, no taboleiro da planta baixa podemos observar a devandita orixe.

  

CONTOS TRADICIONAIS DO MUNDO

 

Contacontos inglés-galego

Grazas á inicitiva e á organización dos departamentos de inglés e de galego tivemos a oportunidade de escoitar, no noso centro, contos tradicionais de todo o mundo.  Entre outros narraron: "El hombre busca su muerte", "Muller esquelete", "Tres amantes", "El lagarto", "Manolo", ... Tim contábaos en inglés e Charo facía a tradución simultánea ao galego.  Foi moi entretido e divertido, e... ademais, sen darnos conta fixemos un exercicio de "listening"-escoita.

Nesta actividade participou todo o alumnado de educación secundaria. Á primeira sesión asistiu o primeiro ciclo da ESO e á seguinte o segundo ciclo, en total 148 alumnos/as.

 

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO E DO SAMAÍN

 

 

 

O pasado xoves, día 30, celebramos o "Magosto e o Samaín" . Ao longo da semana,  a entrada do instituto foi cambiando de aspecto: o rincón de dinamización da nosa lingua encheuse de adiviñas e poemas relacionados co magosto, unha  exposición de froitos de outono, un mural con láminas explicativas da historia do samaín, unha pequena mostra de cabazas,..., pero isto non foi todo. A sorpresa estaba por chegar pois o xoves tivemos  un pase polo túnel do medo, ubicado no salón de actos. Alí, vivenciamos  o samaín:pasamos por unha zona de sepulturas, esqueletos, un bosque encantado con árbores fosforescentes, a Santa Compaña  e incluso un cadáver.

Para rematar, por deferencia da ANPA, degustación de castañas!!!!

 

Distribuir contido