Actividades realizadas ata a data

INICIAMOS A ANDAINA DO CLUB DE CIENCIAS

O IES Moncho Valcarce pon en marcha por segundo ano consecutivo o Club de Ciencia incorporando nas súas actividades a novo alumnado, profesorado e proxectos.  Neste mes de outubro demos a benvida ao alumnado participante. Podes seguirnos na nosa conta de Instagram:  @clubcienciasmoncho

 

CLUB DE CIENCIA CURSO 2022-2023

O Club de Ciencia do noso centro comeza a súa andaina neste curso 2022-2023. O alumnado interesado en participar pode anotarse antes do 30 de setembro.

Síguenos!!!   @clubcienciasmoncho 

Agardámosvos!!!

SAÍDA AO PARQUE EÓLICO DE SOTAVENTO

 

O día 31 de xaneiro o alumnado de 1º e 2º Bac da materia de  Tecnoloxía Industrial fixo unha visita o parque eólico experimental de Sotavento.  Fixéronnos unha introdución sobre o uso das enerxías renovables en España, despois explicarónnos como se fixa o precio diario do kW·h de enerxía eléctrica. A continuación vimos as partes dun aeroxenarador  real e o seu funcionamento. Despois dun descanso, practicamos montando uns circuítos con placas solares. Por último visitamos a vivenda bioclimática e vimos como hai que adaptar as vivendas ao entorno onde se fan para aproveitar de forma eficiente as condicións climáticas da zona así como as distintas instalcións da mesma.

CHARLA SOBRE FÍSICA DE PARTÍCULAS

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (igfae) é un centro de investigación da USC e da Xunta que coordina e fomenta a investigación científica e técnica na física de alta enerxía, na de partículas e nuclear, na astrofísica, na física médica, ... mantén relación con grandes instalacións experimentais, como a organización europea de investigación nuclear (CERN), nomeadamente no seu acelerador de partículas, o maior e máis potente do mundo.

O IES Moncho Valcarce ven tirando proveito da meritada institución dende vai anos participando co alumnado de física nos eventos que organiza, nomeadamente no masterclass de física de partículas, xunto con outros centros de Europa.

ENTROIDO CIENTÍFICO

PREME NA IMAXE PARA COÑECER AS BASES DO CONCURSO

 

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

 

SEGURIDADE INFORMÁTICA

 

O día 14 e 17 de xaneiro o alumnado de 2º Bac da materia de  TICs fixo unha charla sobre “SEGURIDADE INFORMÁTICA” dirixida ao alumnado de 1º, 2º, e 3º de ESO.

A charla constaba de 2 partes, na primeira un grupo expoñía ao alumnado os resultados das enquisas que pasaron o alumnado de cada nivel e na segunda parte outros grupos fixeron unha presentación basada principalmente nos perigros que presentan as redes sociais e nos consellos que poden seguir para facer un uso seguro delas.

Ademáis outros grupos elaboraron dripticos cos perigos e consellos para navegar seguros, que se entregaron a cada alumn@ participante o final das charlas.

 

BO NADAL 2021

 

A Comunidade Educativa do IES Moncho Valcarce desexa unhas Boas Festas e un Feliz 2022 

 

OBRADOIRO "PASEMOS PÁXINA"

 

Continuando coas actividades conmemorativas do 25N. Este luns o alumnado de 4ºESO participou coa escritora Inma López Silva nun obradoiro organizado polo departamento de Lingua e literatura e a AELG.

ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA

 

Evento dirixido ao alumnado de 2º de bacharelato. Xoves, 16 de decembro, de 15.30 h. a 17.30 h. 

Poderedes acceder ao Salón de Orientación Universitaria UNITOUR, sós ou acompañadas/os dos vosos familiares

Acceso totalmente gratuíto pero deberedes REXISTRARVOS ONLINE. 

Para máis información consulta o seguinte enlace:

Salón de orientación universitaria

 

Distribuir contido