Actividades realizadas ata a data

CURTAMETRAXE SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

A concelleira de Muller e Igualdade de Ferrol, Cristina Prados, deu conta da resolución do concurso de curtametraxes "Curtacoa violencia de xénero" celebrado en 2020 con motivo das actividades programadas polo Concello de Ferrol polo 25- N "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller". O obxectivo, explicou Prados, é “contribuír á erradicación da violencia de xénero” na sociedade a través dunha “ferramenta formativa e divulgativa”. O primeiro premio, dotado con 600 euros, foi para o filme "Escoitaassinais e rompe coa violencia", co pseudónimo Café Müller, presentado por Cristina Silvera e Sara Silvar.

O segundo, de 400 euros, recaeu na obra "Equi- s", co pseudónimo A por todas, presentada por Diana Aradas Blanco en representación dun grupo de alumnos do centro escolar IES Moncho Valcarce (As Pontes).

Por último, o terceiro premio, dotado con 200 euros, outorgouse á curtametraxe "016", presentado baixo o pseudónimo Míster e presentado por Kevin Sixto Díaz.

 

TRANSICIÓN ECOLÓXICA

 

O Departamento de Física e Química organizou un obradoiro sobre a pegada ecolóxica e o cambio climático ao longo do mes de abril.

O cambio climático é probablemente un dos maiores retos ao que nos temos que enfrontar; é dunha enorme complexidade, aínda que xa estamos a comprobar como se están a cumprir os escenarios previstos hai tempo por investigadores e expertos. A sensación é que a cidadanía segue relaxada e non estamos a mudar nin os nosos hábitos e costumes, e moito menos os nosos comportamentos de cara a paliar esta problemática. E os cambios están a implantarse.

 

SEMINARIO QUÉROTE +

 

 

Mediante o obradoiro preténdese amosar ao alumnado de 3ºESO información e asesoramento sobre o preceso de madureza sexual que favoreza o seu desenvolvemento persoal e emocional presentando unha visión aberta, dinámica e  respetuosa da sexualidade e da liberdade sexual, facendo fincapé no respeto mutuo á diversidade afectivo-sexual. 

Os mozos e mozas precisan información e formación que lles permita valorar con sentido crítico as súas emocións, favorecendo así o crecemento baixo un sentimento de  liberdade plena.

8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

 

O 8-M, Día Internacional da Muller, o departamento de Debuxo desenvolveu unha serie de actividades destinadas a reivindicar o día. En Plástica da E.S.O. elaborouse unha cadea humana de pequenas figuras femininas que se colocou nos paneis do Centro, representando a mulleres senlleiras e anónimas. Realizouse durante o mes de marzo un obradoiro de retratos tipo Face Less con cartolinas de cores cos cursos de Debuxo Artístico de 1º e 2º de Bacharelato. Proxectouse en bacharelato a longametraxe Sufragistas, sobre a loita de mulleres en Reino Unido no primeiro tercio do século XX para conseguir o voto feminino. 

 

SEMINARIO DE IGUALDADE "IGUALA-T

                      

 

As actividades realizadas pretenden  achegar  a realidade da diversidade afectivo-sexual que impera na sociedade ao noso alumnado e profesorado e previr a LGBTI fobia para acadar o desenvolvemento integral das rapazas e rapaces e evitar calquera tipo de discriminación que altere a convivencia no centro e limite as liberdades dos membros da nosa comunidade educativa. 

O noso centro promove un modelo educativo baseado na inclusión e na igualdade, sen ningún tipo de discriminación polo que consideramos necesario realizar actividades que promovan no centro unha convivencia pacífica e unha sociedade plural que garante o respeto e a inclusión de toda a comunidade educativa.

DÍA DA POESÍA

 

Con motivo do día internacional da poesía (21 de marzo), o luns 22 de marzo, o club de lectura propón a seguinte actividade: “DOCE É POESÍA”.

Durante a semana previa a esta actividade, os alumnos recibiron por diversos medios (carteis nas clases, avisos dos profesores que forman parte do equipo da biblioteca, instagram, blog...) información da clave que lles permitiría recoller na biblioteca un agasallo con motivo do día da poesía: un bombón e un poema marcapáxinas. Esta parte da actividade desenvolveuse no primeiro recreo do devandito luns 22 de marzo.

Ademais, os alumnos tiveron a oportunidade de recitar os seus textos e participar así no sorteo dalgúns libros de poesía. Esta parte da actividade tivo lugar no segundo recreo do mesmo día no salón de actos. Os alumnos recolleron os seus agasallos o martes 23 de marzo na biblioteca.

 

DIVERSIDADE AFECTIVO SEXUAL NO NOSO CENTRO

O noso centro promove un modelo educativo baseado na inclusión e na igualdade, sen ningún tipo de discriminación polo que consideramos necesario realizar actividades que promovan no centro unha convivencia pacífica e unha sociedade plural que garante o respeto e a inclusión de toda a comunidade educativa.

As actividades realizadas pretenden  achegar  a realidade da diversidade afectivo-sexual que impera na sociedade ao noso alumnado e profesorado e previr a LGBTI fobia para acadar o desenvolvemento integral das rapazas e rapaces e evitar calquera tipo de discriminación que altere a convivencia no centro e limite as liberdades dos membros da nosa comunidade educativa. 

 

DÍA DA ILUSTRACIÓN

O día 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, a Xunta de Galicia celebra o día da Ilustración. Para celebralo, traballarase  durante as sesións de clase  na creación dunha  ou varias ilustracións por parte de  cada alumno, aplicando nela os contidos específicos de cada nivel. Analizarase tamén a función da ilustración e o seu papel na actualidade.

Todas as ilustración realizadas exhibiranse en conxunto,  ben nas aulas ou ben nun espazo común, segundo a dispoñibilidade deste. Xunto cos traballos incluiranse  códigos QR que proporcionarán información á comunidade educativa sobre diversos ilustradores ou sitios online relacionados coa ilustración.

PROGRAMA DE EDUCACIÓN EMOCIONAL

  

O programa de educación emocional pretende promover o benestar emocional do noso alumnado axudándolle a identificar de xeito positivo os  pensamentos e as emocións que determinan o  noso comportamento. Acadar o benestar emocional capacítanos para facer frente ao estrés e aos problemas que forman parte da vida, a ter confianza en nós mesmos  establecendo relacións saudables coas persoas que nos rodean.

A situación social que estamos a vivir fai necesario atender ao coidado e benestar emocional da comunidade educativa para poder afrontar de xeito positivo as dificultades sociosanitarias nas que nos atopamos.

 

QUINCENA DA FROITA

Ao longo do mes de febreiro estase a  realizar a campaña de froita que a Xunta de Galicia desenvolve naqueles centros que así o solicitaron. Con esta campaña pretendese poñer en coñecemento do alumnado a importancia que ten a froita na dieta alimenticia e fomentar hábitos de vida saudables.  

Distribuir contido