CURTAMETRAXE SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

A concelleira de Muller e Igualdade de Ferrol, Cristina Prados, deu conta da resolución do concurso de curtametraxes "Curtacoa violencia de xénero" celebrado en 2020 con motivo das actividades programadas polo Concello de Ferrol polo 25- N "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller". O obxectivo, explicou Prados, é “contribuír á erradicación da violencia de xénero” na sociedade a través dunha “ferramenta formativa e divulgativa”. O primeiro premio, dotado con 600 euros, foi para o filme "Escoitaassinais e rompe coa violencia", co pseudónimo Café Müller, presentado por Cristina Silvera e Sara Silvar.

O segundo, de 400 euros, recaeu na obra "Equi- s", co pseudónimo A por todas, presentada por Diana Aradas Blanco en representación dun grupo de alumnos do centro escolar IES Moncho Valcarce (As Pontes).

Por último, o terceiro premio, dotado con 200 euros, outorgouse á curtametraxe "016", presentado baixo o pseudónimo Míster e presentado por Kevin Sixto Díaz.