DÍA DA ILUSTRACIÓN

O día 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, a Xunta de Galicia celebra o día da Ilustración. Para celebralo, traballarase  durante as sesións de clase  na creación dunha  ou varias ilustracións por parte de  cada alumno, aplicando nela os contidos específicos de cada nivel. Analizarase tamén a función da ilustración e o seu papel na actualidade.

Todas as ilustración realizadas exhibiranse en conxunto,  ben nas aulas ou ben nun espazo común, segundo a dispoñibilidade deste. Xunto cos traballos incluiranse  códigos QR que proporcionarán información á comunidade educativa sobre diversos ilustradores ou sitios online relacionados coa ilustración.