Actividades realizadas ata a data
CONCURSO DOAZÓN DE ÓRGANOS
Durante o mes de abril desenvolvéuse nos tres grupos de 1º E.S.O. a participación no III Concurso de carteis sobre doazón de órganos 2021, organizado polo Sergas. Foi unha actividade moi útil para ver a elaboración do cartel, o desenvolvemento do slogan e o repaso a contenidos dados con anterioridade.
CAMPAÑA DE RECICLAXE NO NOSO CENTRO
O alumnado do centro colaborará na recollida do lixo que xeremos nos recreos . Posteriormente,en colaboración co concello coñeceremos os diferentes usos que se lle pode dar ao material de refugallo amosando unha nova vida para o lixo. Esta actividade organízase co alumnado do equipo de voluntariado.
É importante que a comunidade educativa tome conciencia da cantidade de lixo que xeramos no noso centro educativo e da necesidade de extender o seu uso a outros ámbitos coma a arte, transformando o lixo en formas de expresión cultural.
XXVII PREMIO INTERNACIONAL DE POESÍA E NARRATIVA
A alumna de 2º de BAC B do IES Moncho Valcarce Miriam Castro Seoane foi a gañadora do segundo premio do Premio Internacional "Miguel Fernández", na súa XXVII Edición, destinado a novos escritores en lingua española convocados polo IES Miguel Fernández de Melilla.
O certame estivo dirixido a mozo/as de entre 14 e 18 anos (rematado durante o ano 2021) nas modalidades de Narrativa e Poesía, en lingua castelá.
A continuación, déixovos a ligazón coa decisión do concurso.
Os nosos sinceros parabéns á estudante gañadora!!!
OBRADOIRO DE ORIENTACIÓN SEXUAL
Con este obradoiro pretendemos dotar ao alumnado dos coñecementos e a reflexión sobre a educación sexual para que cada alumno e alumna podan tomar decisións libres, razoadas e responsables sobre a sexualidade e a reprodución.
Informar e formar ao alumnado sobre a saúde sexual e os dereitos sexuais axudará ás mozas e mozos a acadar ferramentas para unha vida sexual libre e segura.
PROXECTO CANTO MIDES?
O proxecto "Canto mides?" consistiu nunha entrevista cunha especialista, ex-alumna do Centro, e a preparación-realización dun vídeo coa colaboración da RTV local. Asimesmo realizouse unha exposición na entrada do Centro, edificio principal, para comunicar os resultados. o obxectivo do devandito proxecto é coñecer e recoñecer a importancia do traballo científico na sociedade, introducíndose na súa metodoloxía a nivel básico.
Para máis información preme na imaxe.
VISITA VIRTUAL Á CIDADE DA CULTURA
Os grupos de 3º ESO A e B realizaron unha visita virtual á exposición que actualmente está na sala Agás, da Cidade da Cultura, de Santiago de Compostela. A colección de arte titulada “Os brancos segredos do seu ventre”, en alusión ao título dunha instalación artística que está incluída, é unha confrontación entre obras de arte contemporáneas de artistas do ámbito internacional e do galego. A presentación da mostra, por outra banda, é unha narración gráfica na que, a través da expresividade de distintas cores, relaciona obras antigas con contemporáneas e unhas disciplinas artísticas con outras.
DÍA DAS RAPAZAS NAS TIC´s
O día 22 de abril alumnado de 4º ESO e 1ª BAC participou nun coloquio multiconferencia con 4 destacadas galegas emprendedoras, investigadoras e tecnólogas no eido das TIC (Beatriz Paz Santalla, enxeñeira de telecomunicacións pola Universidade de Vigo, Ana Freire: enxeñeira doutora en informática pola UDC, Úrsula Martínez Álvarez: Graduada en Enxeñaría Aeroespacial e Verónica Bolón Canedo: doutora en Informática da UDC.), dás que o alumnado participante puideron coñecer a súas traxectorias e o seus proxectos actuais.
LECTURAS TRANSINCLUSIVAS
No Día do libro ( 23 de abril) e ao longo desta semana, na entrada do centro temos unha mesa con lecturas recomendadas que pretenden achegarvos ao feminismo e á diversidade afectivo-sexual que impera na sociedade.
Animádevos a pasar e a botarlle un ollo aos diferentes libros e cómics que os propoñemos dende IGUÁLA-T.
Desafía a norma, le!
Non estamos no xurásico sé feminista!
23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO
O día 23 de Abril celebramos o “Día do Libro” no centro cunha pequena exposición de lecturas inclusivas para o noso alumnado. O noso fin e dar visibilidade á nova realidade afectiva que estase a desenvolver na nosa sociedade e fomentar a inclusión e o respecto á diversidade.