DÍA DA TERRA

ENCHER DE LECTURAS VERDES AS REDES!

Ese foi o lema que nos animou a participar na iniciativa proposta polo CEIDA para os días 22 e 23 de abril. Ao longo deses dous días, o alumnado de 1º da ESO achegouse a ler e difundir pequenas píldoras sobre natureza en redes sociais.

Concienciar sobre a importancia da preservación dos ecosistemas, o cambio climático, a crise da biodiversidade ou as relacións que os seres humanos establecemos coa natureza obrigounos a reflexionar canto de (eco)dependentes somos.

Sabías que, de media, cada galega/o produce de 6 a 11 toneladas de gases de efecto invernadoiro ao ano??

A crise climática está aquí, non podemos reducir a un só día a importancia da preservación do noso planeta! Xuntos, en verde e #LendoNatureza estamos cada vez máis preto de logralo.

E ti, anímaste a participar?