Actividades realizadas ata a data

RADIO TEATRO: XULIETAS E ROMEOS

Baixo o título Julietas e Romeos os alumnos de Literatura universal de 1º de Bacharelato realizaron unha breve adaptación escrita da traxedia de Shakespeare e fixeron unha lectura dramatizada a partires do guión elaborado por eles. A gravación levouse a cabo en Radio Eume de As Pontes, que editará o traballo coa intención de emitilo e elaborar un podcast. 

 

 

FEIRA DAS UNIVERSIDADES

O alumnado de 1º e 2º de  bacharelato asistiu o mércores, 18 de decembre, á "Feira das Universidades" celebrada en Palexco (A Coruña)

É moi necesario facilitar información ao alumnado de bacharelato sobre as ensinanzas universitarias para motivar e dar sentido a esta etapa que ten carácter preparatorio para o acceso á formación superior.

Este ano ampliouse a todo o bacharelato,  para que a maior parte do alumnado teña unha visión xeral da ensinanza superior.

 

CONFERENCIA SOBRE SEGURIDADE INFORMÁTICA

Como en anos anteriores o alumnado de TICs de 2º de BAC impartiron  unhas charlas sobre SEGURIDADE INFORMÁTICA ao alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO, para que tomen conciencia dos riscos que presentan as redes sociais e a navegación por internet.

 

OBRADOIRO DE ADICIÓNS

Unha parte fundamental da educación do alumnado é o coñecemento e aplicación da intelixencia emocional que posibilite un maior desenvolvemento persoal e un óptimo clima de aula e de centro.

Nas seis sesións a celebrar durante todo o curso 2019-20, aínda que intentaremos traballar todas as competencias, neste curso centrarémonos sobre todo na autoconciencia emocional, empatía, autorregulación e habilidades sociais.

 

 

DÍA DA CONSTITUCIÓN

Ao longo da primeira semana de decembro estase a expoñer no hall unha pequena homenaxe que o centro e o alumnado dedica á Constitución . Queremos resaltar con ela os dereitos e deberes que veñen recollidos na Carta Magna e fomentar os valores democráticos entre o alumnado. 

 

DÍA DA CONSTITUCIÓN

Ao longo da primeira semana de decembro estase a expoñer no hall unha pequena homenaxe que o centro e o alumnado dedica á Constitución . Queremos resaltar con ela os dereitos e deberes que veñen recollidos na Carta Magna e fomentar os valores democráticos entre o alumnado. 

 

SEGURIDADE INFORMÁTICA CURSO 2019-2020

O alumnado de TIC II está a facer unha enquisa ao alumnado do centro sobre o tema da Seguridade Informática. Pincha nos seguintes enlaces según corresponda:

 

 

 

Gracias pola vosa colaboración.

A continuación tedes unha guia de PRIVACIDAD Y SEGURIDAD EN INTERNET

OBRADOIRO DE ROBÓTICA

O 27 de novembro o alumnado de 1º de Bac das materias de Tecnoloxía, Robótica e TIC I 2 participaron no “X Obradoiro e Concurso Galego de Robótica. A Maxia da Robótica” Celebrado no IES Ramón Menéndez Pidal na Coruña.

 

 

DÍA MUNDIAL DA SIDA

O IES. Moncho Valcarce súmase á conmemoración do “DÍA MUNDIAL DA SIDA”, celebrado o día 1 de decembro. Preténdese deste xeito informar ao noso alumnado sobre os problemas que conlevan as enfermidades de transmisión sexual e as maneiras de protexerse fronte a elas.

 

TALLER DE EDUCACIÓN SEXUAL

Os centros educativos constitúen un espazo de socialización esencial no desenvolvemento de mozos e mozas. Un espazo no que ademais de recibir formación académica, representan un lugar de encontro para a relación co grupo de iguais no que se forxan valores, actitudes e modelos de conduta. É fundamental elaborar estratexias socio-educativas que aborden diferentes temáticas, entre elas, a Educación Sexual. A sexualidade é unha condición indisociable do ser humano que nos fai persoas únicas e particulares. Nunha etapa de cambios como é a puberdade, é importante que mozos e mozos conten coas ferramentas e instrumentos precisos que os acompañen e axuden no seu propio proceso de sexualidade. O obxectivo fundamental é que mozos e mozos aprendan a coñecerse, a aceptarse e a vivir a súa sexualidade dunha maneira positiva e satisfactoria.

 

Distribuir contido