Actividades realizadas ata a data
DÍA INTERNACIONAL DA PAZ (30-1-2021)
Para celebrar o "Día Internacional da Paz" realizáronse unha serie de actividades na biblioteca do centro. A modo de exemplo mostrámosvos a seguinte.
A actividade persegue pór en práctica actuacións concretas para que cada alumn@ participante entenda que a paz empeza cun mesm@ e no día a día no noso xeito de falar cos compañeir@s, na forma de relacionarnos persoalmente e a través das redes sociais, nos nosos comportamentos cotiás, etc.
Reproducimos diálogos a través de viñetas nas que se amosaban condutas pouco axeitadas para posteriormente propoñer alternativas máis a acordes cunha convivencia pacífica.
A PLÁSTICA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
A actividade a desenvolver con motivo do 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, pretende crear imaxes que ilustren e denuncien diferentes formas de violencia machista. Traballamos manipulando representacións artísticas diferentes que retratan a todo tipo de mulleres, e buscamos darlles un novo significado, cambiando o sentido das mesmas ao recortalas, combinalas con outras, debuxalas, borralas,... Usamos a subxectividade da linguaxe plástica para que estas imaxes transmitan unha nova mensaxe: como é estar na pel da muller que sufre violencia de xénero en algunha das seus formas ou graos. Queremos amosar a outra cara da moeda desa representación ideal feita habitualmente do mundo feminino, mostrar a cara que case sempre permanece oculta pero que existe, e que é necesario denunciar para poder cambiar. Esta actividade realízase en colaboración entre os Departamentos de Debuxo do IES Moncho Valcarce de As Pontes (cursos DAI de 1º de Bacharelato) e do IES Anxel Fole de Lugo (cursos de EPVA 4º de ESO e DA II de 2º de Bacharelato).
Todos os traballos poderanse ver na seguinte páxina.
DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE
O 3 de decembro celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA DIVERSIDADE FUNCIONAL, para dar a coñecer esta realidade o alumnado de 4º de ESO participou na charla online da asociación AESLEME (asociación para o estudo da lesión medular espiñal na condución) , “Si controlas, vuelves” coa que se pretende concienciar ás alumnas e alumnos dos perigos de conducir baixo os efectos do alcohol e as drogas.
CAMBIO CLIMÁTICO
No último ano, o co2 saíu da súa invisibilidade e foi a especie química máis coñecida entre diversos sectores da poboación das pontes, nomeadamente pola súa relación co cambio climático e co peche da central térmica, efectos globais e locais con moi diferente percepción.
Pero é só o co2? É só o sector enerxético? Que son os gei? Cales son? Como comparar a súa potencialidade? De onde proceden as súas emisións de orixe non natural? Onde se pode actuar?
|
DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Un ano máis, o IES Moncho Valcarce quere mostrar a súa solidariedade con todas as vítimas da violencia de xénero.
"Nin unha máis nin unha menos"
Ao longo da semana pasada realizáronse no Centro diversas actividades conmemorativas do 25N levadas a cabo polos Departamentos de Relixión, L. Castelá e o equipo da Biblioteca.
CLASE LÚDICA DE INGLÉS
O pasado luns 13 de abril, estivo no noso instituto Luke que é de Liverpool; a editorial Burlinghton Books, ofreceunos a posibilidade de que Luke lles impartira ó noso alumnado de 1º ESO, unha clase na que lles ensinou diversos aspectos da cultura británica dun xeito lúdico e totalmente interactivo, xa que utilizou xogos e concursos para conseguir que os rapaces e rapazas se implicaran totalmente e dun xeito activo e divertido nesta actividade ó mesmo tempo que adquirían novos coñecementos sobre Gran Bretaña e as súas costumes.
UNHA ACTIVIDADE PARA REPETIR!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5